O BNG acorda en asemblea abrir un proceso de negociación con AxA e PSOE para conformar un goberno liderado polo BNG, con Carril como Alcalde de Arzúa

Xoán Xesús Carril arroupado de membros da candidatura do BNG ás Eleccións Municipais do 28 de maio

Arzúa, 2 de xuño de 2023._O Responsábel Local do BNG en Arzúa, Manuel García, informou hoxe de que a asemblea local da organización, reunida na noite de onte xoves, acordou abrir “un proceso de negociación con Alternativa por Arzúa e PSOE para conformar un goberno liderado polo BNG, con Xoán Xesús Carril como alcalde de Arzúa” explicou.

Así, o responsábel da organización nacionalista anunciou que desde o BNG emprazaron xa a ambas formacións a manter xuntanzas nos vindeiros días e a comezar “un proceso de negociación serio e transparente”, sinalou.

Desde o BNG fan un chamamento “á responsabilidade dos outros dous grupos para garantir en Arzúa un alcalde do BNG, que faga posible a conformación dun goberno alternativo, estable e sólido para que o noso concello avance” explicou García. “Desde o BNG imos deixar a pel por traballar por Arzúa, por constituír o mellor dos gobernos e comezar a traballar desde o minuto un por abrir un tempo novo, porque iso é xustamente o que dixeron as veciñas e veciños de Arzúa o pasado domingo nas urnas” concluíu o responsábel local do BNG.

O BNG acorda en asemblea abrir un proceso de negociación con AxA e PSOE para conformar un goberno liderado polo BNG, con Carril como Alcalde de Arzúa