O BNG congratúlase de que en Arzúa volva haber un alcalde nacionalista e agradece os apoios de Alternativa por Arzúa e PSdeG-PSOE.
Após o pleno de investidura na mañá de hoxe en Arzúa, o BNG dixo congratularse de que Arzúa volva ter un alcalde nacionalista e agradeceu os apoios de Alternativa por Arzúa e PSOE.
Desde o BNG sinalaron que “desde as pasadas eleccións municipais do 28 de maio, e a teor dos resultados saídos das urnas, desde as tres forzas políticas, comezouse cun período de negociacións que sempre estivo guiado polo obxetivo de garantir a estabilidade e a gobernabilidade de Arzúa a través do diálogo.”
No seu discurso de investidura, o alcalde electo, Xoán Xesús Carril, afirmou que “o goberno municipal que hoxe enceta o seu camiño vai ser un goberno para todas as veciñas e veciños de Arzúa, sen distincións” ao tempo que indicou que “estamos aquí para traballar sen descanso polo benestar da veciñanza de Arzúa, porque queremos unha vida digna para todos e todas”.