CARRIL: “MOITAS DAS PISTAS NON AGUANTAN NIN UN INVERNO ARRANXADAS PORQUE ESTE GOBERNO MUNICIPAL DEIXOUNAS DETERIORAR TANTO QUE AGORA OS REMENDOS QUE PRETENDEN FACER NON SON SUFICIENTES”

O BNG de Arzúa insta ao alcalde a que teña en conta a proposta de elaborar un plan para o arranxo de pistas feita polos nacionalistas para os orzamentos 2021, e que non foi tida en conta

carril
carril
O BNG de Arzúa insta ao alcalde a que teña en conta a proposta de elaborar un plan para o arranxo de pistas feita polos nacionalistas para os orzamentos 2021, e que non foi tida en conta

O Portavoz Municipal do BNG no Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril, insta ao alcalde a “que teña en conta a proposta feita polo BNG no proceso de aprobación dos orzamentos 2021 para elaborar un plan de arranxo de pistas serio e rigoroso e que teña en conta as veciñas e veciños” explicou o voceiro nacionalista.  “Naquela altura o alcalde rexeitou esta proposta e mesmo se mofou da mesma, cando desde o BNG denunciamos o grave deterioro que presentaba o viario municipal e que era necesario planificar o seu arranxo” sinalan desde o BNG.

Carril denuncia que “moitas das pistas non aguantan nin un inverno arranxadas, porque este goberno municipal deixounas deteriorar tanto que agora os remendos que pretende facer nalgunhas non son suficientes” explicou o Portavoz nacionalista ao fío das propostas para o bacheo dalgunhas estradas, que o goberno municipal levará ao vindeiro Pleno.

As e os nacionalistas sosteñen que “o estado de abandono ao que chegaron moitas das estradas que conectan o noso concello  deteriora os vehículos, constitúe un risco importante para a seguridade das persoas que transitan por estas estradas e, ademais, pode supor graves perxuízos para o Concello pois non existe ningún tipo de sinalización nin aviso do grave deterioro que existe en moitas delas” denunciou o Portavoz do BNG. “Ademais, non se realizan as necesarias actuacións de mantemento e limpeza das cunetas, o que fai que a auga escore polas estradas en moitos lugares, algo que tamén axuda no deterioro” explicou Carril.  

A organización nacionalista trasladará todas estas cuestións ao vindeiro Pleno, que terá lugar o xovez, 28 de outubro, “facéndonos eco do que nos están a trasladar as veciñas e veciños afectadas polo mal estado das estradas, que consideran unha tomadura de pelo a actuación do alcalde” concluíu Carril.

O BNG de Arzúa insta ao alcalde a que teña en conta a proposta de elaborar un plan para o arranxo de pistas feita polos nacionalistas para os orzamentos 2021, e que non foi tida en conta