CARRIL: “NON HAI RESPOSTA PARA PARTICIPAR DESTE DEBATE NIN DO PP, NIN DO PSOE NIN DE AXA. NON SABEMOS SE É QUE TEÑEN MEDO A DEBATER, OU A PREGUIZA QUE OS CARACTERIZOU AOS TRES DURANTE ESTE ÚLTIMO MANDATO”
“A veciñanza pregúntanos todos os días e coincide connosco en que un debate público sería moi positivo e interesante para Arzúa” explicou Carril
Arzúa, 16 de maio do 2019._ O BNG de Arzúa lembrou hoxe que “a oferta dun debate público, aberto á participación das nosas veciñas e veciños, segue en pé pola nosa parte” explicou Xoán Xesús Carril, candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa.
O candidato do BNG lamentou “non ter recibido aínda resposta nin do PP, nin do PSOE nin de AxA” explicou “Non sabemos se é que teñen medo a debater, ou é simplemente un episodio máis da preguiza que caracterizou a estes tres grupos durante este último mandato” salientou Carril.
“A veciñanza pregúntanos todos os días pola celebración do debate, e coinciden connosco en que, de realizarse, sería moi positivo e interesante para Arzúa” destacou Carril
Desde o BNG lembran que aínda quedan días de campaña electoral e que a celebración deste debate sería algo moi sinxelo. “Fixar unhas regras do xogo, un espazo onde realizalo e unha hora para informar á veciñanza e que poida asistir, simplemente iso” explicou o candidato nacionalista.
O candidato do BNG reiterou a súa “plena disposición” a dar a cara diante das e dos arzuáns nun debate público, e engadiu “se as restantes forzas políticas non dan o paso de participar porque o convite foi do BNG, que o organicen eles. O BNG estará presente sempre, si ou si, e disposto a debater. Non temos medo nin nada que agocharlle ás nosas veciñas e veciños” sentenciou Carril.