CARRIL: “ARZÚA QUEDOU FÓRA DA BONIFICACIÓN DO 10% NO CANON DO LIXO QUE APLICA SOGAMA, O QUE SIGNIFICA QUE AS E OS ARZUÁNS PAGAREMOS MÁIS INNECESARIAMENTE”

O BNG de Arzúa reclama que o Concello de Arzúa informe dos porqués de non solicitar a rebaixa no recibo do lixo

_mg89539
Xoán Xesús Carril, candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa

As e os nacionalistas rexistraron a petición de información no Concello e piden que o Alcalde dea explicacións publicamente

O BNG de Arzúa reclama que o Concello de Arzúa informe dos porqués de non solicitar a rebaixa no recibo do lixo

Desde o BNG de Arzúa vimos de rexistar unha solicitude de información no Concello e reclamamos que o Alcalde “saia publicamente a explicarlles ás e aos arzuáns porque van ter que pagar máis, porque o Concello de Arzúa é un dos poucos concellos da provincia da Coruña que non solicitou esta rebaixa no pago do recibo do lixo” explicou Carril, candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa.

Desde a nosa organización explicamos que “após rematar o prazo de solicitude da rebaixa do 10% no recibo do lixo ante SOGAMA, que concluíu o pasado 25 de febreiro, e coñecerse cales son os concellos que o solicitaron, desde o BNG vemos con sorpresa como Arzúa non figura entre as institucións solicitantes”.

Carril considerou que este feito “é inasumíbel e volve botar luz sobre a realidade dun goberno que non goberna, e isto repercute moi negativamente no día a día da veciñanza de Arzúa” sinalou. Desde o BNG advertímoslle tamén ao Alcalde que hai axudas aos concellos en materia de reciclaxe que veñen de convocarse tanto a nivel estatal como a nivel galego “recordámosllo para que non se lle pasen os prazos, e Arzúa volva quedar fóra unha vez máis” recalcan desde o BNG.

Carril explicou que “Arzúa é un dos concellos máis penalizados pola recollida de lixo que non vai no lugar adecuado, practicamente todo o que se recada vaise en pagar esta penalización e aínda así desde o Concello non se realizou nos últimos tempos ningunha campaña de información nin concienciación”. O candidato nacionalista comprometeuse a “traballar por comezar a aplicar en Arzúa medidas orientadas á diminución de residuos e ao fomento da reciclaxe, e a aproveitar todas as posibilidades que, coma esta que vén de deixar pasar o Concello, repercutan positivamente no peto das e dos arzuáns” explicou, e, engadiu, “temos claro que cun goberno do BNG isto que vén de pasar non acontecería” concluíu.

O BNG de Arzúa reclama que o Concello de Arzúa informe dos porqués de non solicitar a rebaixa no recibo do lixo