CARRIL: “O GOBERNO DA XUNTA DEBE DEIXAR DE BOTAR BALÓNS FÓRA E POÑER URXENTEMENTE EN MARCHA POLÍTICAS QUE REDUNDEN NO BENESTAR DAS GALEGAS E GALEGOS E AXUDEN A SUPERAR ESTA GRAVE CRISE DA COVID19”

O BNG de Arzúa rexistra unha moción no Concello na que reclama un Plan galego de reactivación económica para facer fronte á crise da COVID19

Carril
Xoán Xesús Carril, Portavoz Municipal do BNG
Carril: “É nisto no que debería centrarse Feijóo e non nunha convocatoria electoral en plena pandemia e en plena crise económica, social e sanitaria”
O BNG de Arzúa rexistra unha moción no Concello na que reclama un Plan galego de reactivación económica para facer fronte á crise da COVID19

O Portavoz Municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, explicou esta mañá que veñen de rexistrar unha moción no Concello, “encamiñada a esixir do goberno da Xunta de Galiza que poña a disposición das galegas e galegos todos os recursos para paliar unha situación económica, xa moi debilitada e dependente, mais que se agravou coa crise da COVID19” explicou Carril.

O Portavoz Municipal do BNG en Arzúa, sinalou que “nesta moción instamos á Xunta de Galiza á elaboración dun plan galego de reactivación económica, consensuado con todas as administracións, forzas políticas, axentes e sectores sociais”. “Do mesmo xeito, instamos tamén a que desde o goberno da Xunta de Galiza se elabore con urxencia un plan galego de axudas para autónomos, autónomas e PEMES, que complemente ás medidas do Estado” explicou Carril.

“O goberno da Xunta debe deixar de botar balóns fóra e poñer urxentemente en marcha políticas que redunden no benestar das galegas e galegos e axuden a superar esta grave crise da COVID19” salientou Carril.

“As administracións públicas teñen un papel fundamental na xestión desta crise, por iso tamén nesta moción reclamamos n a derrogación da Lei Montoro para que desde os Concellos se poidan empregar todos os recursos dos que se dispoñen para esta finalidade” explicaron desde o BNG.

Desde a organización nacionalista agardan que neste mes de maio se poida celebrar un Pleno ordinario “ao igual que xa se están realizando na meirande parte dos concellos galegos” e que esta iniciativa saia adiante pois “estamos a propor medidas fundamentais para que a saída desta crise sexa unha saída xusta e que non a paguen as e os traballadores. É nisto no que debería centrarse Feijóo e non nunha convocatoria electoral en plena pandemia e en plena crise económica, social e sanitaria” concluíu Carril.

O BNG de Arzúa rexistra unha moción no Concello na que reclama un Plan galego de reactivación económica para facer fronte á crise da COVID19