CARRIL: “GASTÁRONSE MÁIS DE 22 MIL EUROS NESTE TRAMO E FICA CLARO QUE SE ESCOLLEU UN MATERIAL INNCESARIO, MOI CUSTOSO E INADECUADO PARA O CLIMA QUE TEMOS AQUÍ”
O BNG avoga por que se revisen as obras realizadas na ruta da Fervenza das Hortas no tramo entre a Fonte Santa e Maroxo
As choivas da pasada fin de semana deixaron intransitábel algunha parte da ruta “coas choivas continuadas do inverno a situación vai ser moito pior” explicaron
O Portavoz Municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, avogou por que se revisen as obras obras realizadas na Ruta da Fervenza das Hortas no tramo que vai da Fonte Santa a Maroxo. As choivas da pasada fin de semana deixaron intransitábel algunha parte desta ruta na que se colocaron lousas de pedra no pavimento. “Trátase dunha zona húmida na que a solución escollida de deixar a pasarela ao mesmo nivel do chan está claro que non foi unha solución acaída” sinalou Carril.
Carril referiuse ao elevado custe destas obras “máis de 22 mil euros gastados neste tramo que vai da Fonte Santa a Maroxo, ademais fica claro que se escolleu un material innecesario para unha ruta deste estilo, moi custoso e inapropiado para o clima que temos aquí” explicou.
Desde o BNG avogan porque se revise esta obra “e así o trasladaremos ao Pleno da Corporación, pois fica claro que se esta é a situación cun par de días de choiva en abril, a situación vai ser moito pior no inverno, con días continuados de choiva” concluíu o Portavoz nacionalista.