RESALTA A IMPORTANCIA DE GARANTIR O DEREITO A UNHA VELLEZ DIGNA E A CONCILIACIÓN COA DOTACIÓN DUN CENTRO DE DÍA PÚBLICO PARA ARZÚA

O BNG compromete en Arzúa a recuperación do Complexo deportivo de Portodemouros e da Casa de Correos para uso público

20_bng_autonomicas_fotos_mini_ana_DSC_0672
Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza, e Mini Rivas
O BNG compromete en Arzúa a recuperación do Complexo deportivo de Portodemouros e da Casa de Correos para uso público

O candidato do BNG, Mini Rivas, chamou ao voto masivo ao BNG “para sacar á comarca de Arzúa da parálise” cun goberno presidido por Ana Pontón

 

Arzúa, 9 de xullo do 2020.- Nunha visita ao concello de Arzúa, o candidato do BNG pola Coruña, Xosé Luís Rivas “Mini” pediu unha grande mobilización o vindeiro 12 de xullo para que se produza en Galiza o  “cambio político liderado polo BNG”. Neste sentido, afirmou que un goberno do BNG na Xunta implementará medidas “para sacar á comarca de Arzúa da parálise” cun goberno presidido por Ana Pontón.


Recuperación de Portodemouros e da Casa de Correos para uso público

O deputado nacionalista comprometeu que un goberno do BNG á fronte da Xunta pulará pola recuperación do antiguo Complexo Deportivo de Portodemouros “chegando a acordos coa empresa propietaria dos terreos e investindo neles para rehabilitar esta zona de maneira que poida volver ter os usos para os que foi creada, algo que sen dúbida revertiría moi positivamente na oferta turística e na economía de Arzúa” explicou Rivas.

Do mesmo xeito, o candidato do BNG referiuse tamén á coñecida como antiga Casa de Correos, propiedade da Xunta de Galiza. Rivas comprometeu a súa rehabilitación “sen máis demora, xa que o estado que presenta este ben patrimonial do pobo arzuán é cada día máis lamentábel” explicou. “Un goberno do BNG á fronte da Xunta de Galiza implicarase para recuperar ambos espazos para o uso público e o desfrute dos e das veciñas Arzúa” sinalou Rivas.

Dotación dun Centro de Día para Arzúa

O candidato nacionalista referiuse tamén á necesidade que ten a veciñanza de Arzúa de contar “cun Centro de Día para axudar a garantir a conciliación familiar e laboral”. Mini Rivas explicou que “a crise da COVID deixou ás claras a importancia dos coidados, da conciliación e da necesidade de garantir ás persoas maiores unha vellez digna” explicou. “A dotación dun Centro de Día público para Arzúa será prioridade cun goberno do BNG á fronte da Xunta de Galiza” dixo.

Mini Rivas chamou ao voto masivo ao BNG “para acadarmos o cambio galego que Galiza precisa, para pór en valor comarcas rurais como a de Arzúa, dotándoas de máis e mellores servizos públicos, dinamizando e diversificando a oferta turística e garantindo o retorno económico” concluíu.

 

O BNG compromete en Arzúa a recuperación do Complexo deportivo de Portodemouros e da Casa de Correos para uso público