CARRIL: “CO BNG NA ALCALDÍA POÑEREMOS NOVAS PARCELAS A DISPOSICIÓN DAS EMPRESAS QUE QUEIRAN ASENTARSE NO NOSO CONCELLO” EXPLICOU

O BNG defende que "hai que dar un impulso grande ao Polígono industrial de Arzúa" e comprométese a desenvolver o chan urbanizable previsto no mesmo

Xoán Xesús Carril acompañado de membros da candidatura do BNG visitando o Polígono industrial arzuán.
O BNG defende que "hai que dar un impulso grande ao Polígono industrial de Arzúa" e comprométese a desenvolver o chan urbanizable previsto no mesmo

Arzúa, 18 de maio de 2023.- O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, visitou hoxe o Polígono industrial, acompañado doutros membros da candidatura, para explicar a proposta do BNG en relación co chan industrial.

Carril destacou “o nulo avance do Polígono industrial na última década” e sinalou que “hai que dar un impulso grande ao Polígono industrial de Arzúa” explicou Carril. “Co BNG na Alcaldía temos o firme compromiso de desenvolver o chan urbanizable que está previsto para o Polígono, e que leva doce anos esquecido co actual goberno municipal” explicou Carril.

“É imprescindible desenvolver o chan industrial para poder poñer novas parcelas a disposición de empresas que queiran asentarse en Arzúa” explicaron desde o BNG. “E, ademais, debe conectarse o Polígono coa Autovía para achegarlle máis valor ao Polígono arzuán” sinalou Carril.

“Un goberno municipal ten que ter entre as súas prioridades o asentamento de industria e novas empresas no concello. Só así se pode asentar poboación e garantir postos de traballo. Co BNG na Alcaldía non descansaremos até facer isto realidade” concluíu o candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa. 

O BNG defende que "hai que dar un impulso grande ao Polígono industrial de Arzúa" e comprométese a desenvolver o chan urbanizable previsto no mesmo