AS E OS NACIONALISTAS IMPULSARÁN TAMÉN A COBERTURA DAS PISTAS DEPORTIVAS E O SEU ACCESO AUTOMATIZADO “PARA REMATAR COS PROBLEMAS QUE HAI ACTUALMENTE E GARANTIR QUE POIDAN SER EMPREGADAS TODO O ANO”

O BNG defende que as nenas e nenos de Arzúa “merecen xogar” e propón que se cubra o Parque infantil da Feira, que se dote de fontes de auga e impulsará outros espazos de xogo para as e os menores

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e a nº 2, Lucía López, visitando o Parque infantil da Feira

Arzúa, 16 de maio de 2023.- O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, defendeu hoxe que un goberno municipal do BNG en Arzúa impulsará a cobertura do Parque infantil da Feira, dotaráo de fontes de auga potábel e impulsará outros espazos de xogo porque “as nenas e nenos de Arzúa merecen xogar e poder facelo todo o ano, independentemente das condicións climáticas” explicou Carril.

“No BNG temos un proxecto de concello que non esquece ás crianzas, cunha perspectiva do espazo público que debe ser inclusiva, humanizada e amábel coas nenas e nenos, por iso impulsaremos máis espazos para o encontro e o lecer das e dos máis pequenos e as súas familias” explicou o candidato do BNG.

O deporte desde a base: centro das políticas do BNG

Ademais, desde o BNG sinalan que “desde a Alcaldía de Arzúa impulsaremos a cobertura das pistas deportivas e resolveremos o problema que hai actualmente co acceso ás instalacións deportivas, o que está facendo que as nosas veciñas e veciños teñan que marchar practicar deporte a outros concellos” sinalou Carril. “Desde o BNG defendemos o deporte de base en todas as disciplinas como un piar fundamental da nosa sociedade, por iso desde o goberno municipal melloraremos as instalacións deportivas, moi deterioradas e abandonadas nos últimos anos, e automatizaremos o acceso ás mesmas, facilitándoo e modernizándoo, como xa está a facerse noutros concellos referencia gobernados polo BNG” concluíu. 

O BNG defende que as nenas e nenos de Arzúa “merecen xogar” e propón que se cubra o Parque infantil da Feira, que se dote de fontes de auga e impulsará outros espazos de xogo para as e os menores