O BNG CONSIDERA ESTA SITUACIÓN “UNHA NOVA FALTA DE RESPECTO A ARZÚA, Á SÚA VECIÑANZA E ÁS E AOS PROFESIONAIS SANITARIOS, ASÍ COMO UN GRAVE ATAQUE Á SANIDADE PÚBLICA”

O BNG denuncia a ausencia de pediatra en Arzúa

IMG_2181
O BNG denuncia a ausencia de pediatra en Arzúa

O Portavoz Municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, denunciou hoxe que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) deixa sen pediatra a Arzúa durante o que resta do mes de agosto e até ben entrado o mes de setembro, ao non cubrir as vacacións das e dos facultativos.

“Un verán máis vemos como Arzúa fica sen pediatra, ao igual que acontece co servizo de matrona e co servizo de medicina de familia, en que tampouco se están a cubrir as vacacións deste persoal, como xa denunciamos desde o BNG” explicou Carril.

“As usuarias e usuarios de pediatría terán que desprazarse ao longo deste mes até outros concellos para poder ter atención médica, coas dificultades que isto supón para moitas persoas” sinalou o portavoz nacionalista.

O BNG considera esta situación “unha nova falta de respecto a Arzúa, á súa veciñanza e ás e aos profesionais sanitarios, así como un grave ataque á sanidade pública” dixo Carril. “Isto é unha pinga máis no día a día en que imos vendo como van deteriorando a sanidade pública galega, especialmente en concellos pequenos coma Arzúa” sinalou.

“O PP á fronte da Xunta de Galiza deixanos sen servizos públicos e o goberno municipal nin se inmuta” expresou o portavoz nacionalista e, engadiu, “desde o BNG non cesaremos en denunciar estas situacións,  pedímoslle á veciñanza que non asuma estas situacións como normais e animamos a que reclamen diante do SERGAS unha asistencia sanitaria digna” concluíu Carril. 

O BNG denuncia a ausencia de pediatra en Arzúa