INFORMAN DE QUE TODAS AS FACTURAS DO SAF NOS ÚLTIMOS MESES ESTÁN RECIBINDO REPAROS DE INTERVENCIÓN POR IRREGULARIDADES NA CONTRATACIÓN E QUE SE ESTIVO PRESTANDO O SERVIZO DURANTE 5 MESES SEN CONTRATO

O BNG denuncia irregularidades na contratación do SAF en Arzúa

_mg89524
Xoán Xesús Carril, portavoz municipal do BNG
O BNG denuncia irregularidades na contratación do SAF en Arzúa

 

Carril: “xa que foi o goberno de José Luís García quen privatizou este servizo, cando menos que cumpra coa legalide vixente. Esixímoslle ao goberno de AxA – PSOE que saque a concurso a licitación do servizo para que se poidan dar garantías e seguridade tanto as persoas usuarias do mesmo como as propias traballadoras”

 

O BNG reclama que o goberno de AxA-PSOE resolva a situación que atravesa o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tal e como informan desde o BNG “a contratación deste servizo coa empresa SERVITAL SERVIZOS SOCIOSANITARIOS rematou o pasado 18 de decembro do 2018. Desde aquela o goberno que preside José Luís García non foi quen de sacar a concurso a contratación deste servizo público” explicou Carril, portavoz municipal do BNG.

 

Desde o BNG calificaron “de extrema gravidade” que esta empresa estivese operando 5 meses, desde o 18 de decembro do 2018 até o 31 de maio do 2019 sen contrato, motivo polo cal a empresa SERVITAL desistiu en maio da prestación do SAF., sinalan os nacionalistas.

 

Produto desta situación, desde o mes de xuño do 2019 o Servizo de Axuda no Fogar está sendo prestado pola vía dunha contratación de emerxencia pola ASOCIACIÓN AGSFAD (Asociación Galega de Servizos para a Formación e Axuda á dependencia). “Unha situación irregular que provoca que todas as facturas relativas á prestación deste servizo público saísen con reparos de intervención nos últimos meses” explica Carril.

 

Desde o BNG explican que o alcalde foi preguntado no pasado Pleno do 5 de setembro sobre esta cuestión, “á que non nos deu resposta nin alí nin a día de hoxe” salientan.

 

Constátase como o BNG xa dixo no seu día que a externalización deste servizo público só trae problemas, non sendo tan sequera o Concello capaz de sacar a licitación do mesmo en tempo e forma, e actuando saltándose a lexislación vixente en materia de contratación pública, como se comproba á vista dos reparos emitidos pola propia intervención do Concello” dixo Carril.

 

Desde o BNG esixen ao goberno de AxA-PSOE que saque a concurso a licitación do servizo “de maneira que se poida dar garantías e seguridade tanto as persoas usuarias do mesmo como as propias traballadoras, que están preocupadas pola situación deste importante e fundamental servizo público” explicou Carril.

 

Xa que o goberno actual decidiu privatizar o servizo, que menos que cumpra coa legalidade vixente” concluíu o voceiro do BNG.

 

O BNG denuncia irregularidades na contratación do SAF en Arzúa