CARRIL: “DESDE O CONCELLO PODEN APOIAR AOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS NA SÚA APERTURA POÑENDO EN MARCHA ALGUNHAS ACTUACIÓNS QUE AXUDEN A QUE POIDAN CUMPRIR OS REQUISITOS ESTABLECIDOS NA ORDE MINISTERIAL DO 9 DE MAIO”

O BNG diríxese ao alcalde de Arzúa preocupado pola situación da economía local e a saúde pública

Xoán Xesús Carril, candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa
Xoán Xesús Carril, Portavoz Municipal do BNG en Arzúa
Carril: “é importante que se garantan todas as medidas que dean seguridade tanto aos consumidores como aos establecementos, garantindo sempre a saúde pública”
O BNG diríxese ao alcalde de Arzúa preocupado pola situación da economía local e a saúde pública

 O Portavoz Municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, dirixiuse ao alcalde do Concello para coñecer as actuacións que desde o goberno municipal se están a realizar de acordo coa Orde do Ministerio de Sanidade emitida o pasado sábado 9 de maio, no que atinxe á apertura dos establecementos hostaleiros.

“Desde o BNG consideramos que o apoio de todas as administracións públicas vai ser fundamental para a reactivación da economía local, que no concello de Arzúa baséase, en boa parte,  no sector da hostalería, e que esta reactivación debe ser en todo momento escrupulosa co mantemento da saúde pública” explicou Carril.”

Por iso desde o BNG de Arzúa formularon ante o alcalde unha serie de preguntas, instando a que no caso de non térense iniciado ningunha destas actuacións o goberno municipal proceda á súa valoración e aplicación. “Entre as cuestión que lle formulamos ao alcalde figuran, dunha banda, se o goberno municipal iniciou alguna actuación encamiñada a axudar a que os establecementos hostaleiros poidan cumprir coas medidas hixiénicas e de distanciamento social á hora da apertura das terrazas ampliando as autorización vixentes para a ocupación do espazo público” dixo Carril.

Por outra banda, desde o BNG explican que “tal e como a Orde do Ministerio contempla, o Concello podería tamén xerar permisos extraordinaros e temporais aos establecementos hostaleiros para que poidan incrementar a superficie destinada á terraza ou  para o incremento do número de mesas previsto, e queremos saber se o Concello ten algo avanzado neste sentido na perspectiva de que o lóxico será que nos vindeiros días poidan abrir máis negocios no noso Concello e poidan facelo con todas as garantías hixiénico-sanitarias” explicou o Portavoz nacionalista.

“Desde o BNG cremos que é importante que se garantan todas as medidas que dean seguridade tanto consumidores como aos establecementos, garantindo sempre a saúde pública, por iso entendemos que se debera estudar por parte do Concello alguna destas medidas que axuden a que poidan cumprir o establecido na Orde Ministeriral do 9 de maio, e que xa se están a pór en marcha noutros municipios” concluiu Carril.

O BNG diríxese ao alcalde de Arzúa preocupado pola situación da economía local e a saúde pública