DESDE O BNG AGARDAMOS UNHA RESPOSTA FAVORÁBEL DAS RESTANTES FORZAS POLÍTICAS QUE SE PRESENTAN ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS EN ARZÚA, ÁS QUE DIRIXIMOS UNHA CARTA DE CONVITE

O BNG fai un “chamamento democrático” a todas a forzas políticas arzuás para “realizar un debate público e aberto a toda a veciñanza do noso concello” explicou Carril

_mg89552
Xoán Xesús Carril, candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa
O BNG fai un “chamamento democrático” a todas a forzas políticas arzuás para “realizar un debate público e aberto a toda a veciñanza do noso concello” explicou Carril

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, fixo esta mañá un “chamamento democrático” aos representantes de todas as forzas políticas que se presentan en Arzúa ás vindeiras Eleccións Municipais para “realizar un debate público e aberto a toda a veciñanza do noso concello” explicou Carril.

Desde o BNG cursamos xa convite aos representantes das restantes forzas políticas arzuás das que, din, “agardamos unha resposta favorábel pois o debate en democracia é sempre sano e enriquecedor” expresou Carril.

Cursamos tamén convite ao Director de Radio Arzúa, Armando Cascón, para ser o moderador deste debate e para, se finalmente se produce, poder retransmitilo tamén a través de Radio Arzúa.

Desde o BNG informamos de que a proposta lanzada ás demais forzas políticas (PP, PSOE; CxG e AxA) é a dun “debate público entre candidatas e candidatos” para o cal, de obter unha resposta favorábel, solicitaremos a colaboración do Concello de Arzúa “para realizar este debate nun espazo público municipal como por exemplo a Casa da Cultura, de maneira que as veciñas e veciños que o desexen poidan asistir ao mesmo” explicou Carril.

Carril explicou que “en democracia ninguén pode ter medo a debater. O contraste de ideas e propostas así como unha veciñanza ben informada dos programas electorais das diferentes forzas políticas é fundamental para garantir a limpeza e a transparencia democrática” sentenciou.

O BNG fai un “chamamento democrático” a todas a forzas políticas arzuás para “realizar un debate público e aberto a toda a veciñanza do noso concello” explicou Carril