CARRIL: “POR MOITO QUE O QUEIRAN CAMUFLAR, A REALIDADE ESTÁ AÍ, ESTÁN DETRAENDO DIÑEIRO DE ASISTENCIA SOCIAL PARA OUTROS GASTOS, MENTRES TEÑEN O SAF SEN LICITAR E OUTROS SERVIZOS SOCIAIS NO CONCELLO QUE DAN PENA

O BNG fai pública a providencia da alcaldía na que retiran 4000€ de asistencia social, entre outros, para o gasto no campo de fútbol

Providencia_Alcaldía_Pleno_Ext_18_out
Providencia da alcaldía na que se presentan as partidas das que se retira diñeiro, entre elas Asistencia Social, para a construción da cabina para medios de comunicación no Campo de fútbol Municipal do Viso
O BNG fai pública a providencia da alcaldía na que retiran 4000€ de asistencia social, entre outros, para o gasto no campo de fútbol

”Carril: “este informe é demoledor, é unha emenda á totalidade do goberno de José Luís García, con el constátase o grave deterioro dos servizos sociais no noso Concello”

O portavoz municipal do BNG, Xoán Xesús Carril, saíu ao paso das declaracións realizadas polo goberno de AxA-PSOE, nas que sinalaban que as graves irregularidades detectadas nun informe da Xunta de Galiza do mes de abril do 2019 feito público polo BNG, xa estaba case subsanadas.

En relación a isto, Carril precisa que “neste informe de data do mes de abril do presente ano, recálcase que hai irregularidades que xa foran apercibidas no ano 2016, sen que desde o goberno de García lles puxesen solución desde aquela” subliña o portavoz nacionalista.

“Temos serias dúbidas de que un goberno liderado por este alcalde que non foi capaz de correxir esas graves irregularidades en 3 anos, o fixera en 3 meses, mais en todo caso xa temos rexistrada unha petición urxente de información e tamén instaremos no vindeiro Pleno para que expliquen cales foron os pasos dados polo goberno municipal após a recepción deste informe” di Carril.

Desde o BNG sinalan que “este informe é demoledor, é unha emenda á totalidade do goberno de José Luís García, con el constátase o grave deterioro dos servizos sociais no noso Concello,  que desde o BNG viñamos xa denunciando desde hai tempo” explican.

Desvío de fondos de asistencia social para outros gastos

En relación coa transferencia de crédito para a colocación dunha cabina para os medios de comunicación no Campo de fútbol Municipal, aprobada no pasado Pleno Extraordinario, desde o BNG amosan a providencia da Alcaldía que foi aprobada polo grupo de goberno neste Pleno.

“Desde o Bloque pedimos que se retirase o diñeiro doutras partidas para poder executar a obra no Campo de fútbol, mais é como se falásemos coa parede. Semella que este goberno é cego, xordo e mudo” explica Carril.

O portavoz municipal do BNG sinala que “por moito que o queiran camuflar, a realidade está aí, están detraendo diñeiro de asistencia social para outros gastos, mentres teñen o SAF sen licitar e outros servizos sociais no concello que dan pena” sentenciou Carri.

“Primeiro cargáronse o Servizo de madrugadores e agora van a por un servizo tan importante para o benestar social como é o SAF, pois con nós que non conten, terannos sempre en fronte defendendo os servizos sociais e os servizos públicos” concluíu o Portavoz nacionalista.

 

O BNG fai pública a providencia da alcaldía na que retiran 4000€ de asistencia social, entre outros, para o gasto no campo de fútbol