A ORGANIZACIÓN NACIONALISTA SINALA QUE “A ESTAS ALTURAS NON HAI NINGUNHA NORMA LEGAL QUE IMPIDA ABRIR ESTE ESPAZO DE SOCIALIZACIÓN PARA MOITAS PERSOAS MAIORES NO NOSO CONCELLO”

O BNG faise eco do malestar da veciñanza e pídelle ao alcalde que se reabra o clube de xubiladas e xubilados de Arzúa

Carril
Carril

Piden ao alcalde máis “dilixencia á hora de atender as demandas das usuarias e usuarios do Clube de xubilados” e instano a que “deixe de tratalos como se fosen menores de idade”

O BNG faise eco do malestar da veciñanza e pídelle ao alcalde que se reabra o clube de xubiladas e xubilados de Arzúa

O portavoz municipal do BNG de Arzúa, Xoán Xesús Carril, fíxose eco no malestar que veñen manifestando moitas veciñas e veciños desde fai meses, usuarios do Clube de xubiladas e xubilados, ao non reabrirse as instalacións deste espazo, pechado desde fai dous anos por mor da pandemia da COVID-19.

Carril sinalou que “a estas alturas non hai ningunha norma legal que impida que o Concello de  Arzúa poida abrir este espazo, ao igual que os restantes espazos municipais que levan xa meses abertos e cun funcionamento normal, aínda tratándose de espazos con máis afluencia de persoas ca o clube de xubilados” explicou o portavoz nacionalista.

 

O portavoz municipal do BNG reclamoulle ao alcalde”máis dilixencia á hora de atender ás demandas das usuarias e usuarios do Clube de xubilados”, instouno a que “deixe tratalos como menores de idade” e, indicou que “as e os nosos maiores precisan deste espazo de socialización e convivio que lles fai tanto ben despois de telo pasado xa bastante mal co encerro e o distanciamento social sufrido por mor da pandemia da COVID-19” concluíu Carril. 

O BNG faise eco do malestar da veciñanza e pídelle ao alcalde que se reabra o clube de xubiladas e xubilados de Arzúa