CARRIL: “SE QUEREMOS QUE ARZÚA TEÑA FUTURO, TEMOS QUE APOSTAR POLO COMERCIO E A PRODUCIÓN LOCAL”.

O BNG inicia en Arzúa unha campaña de aopio ao comercio local

foto_com_local
foto_com_local

A organización nacionalista anima ás e aos arzuáns a mercar no comercio local e de proximidade.

O BNG inicia en Arzúa unha campaña de aopio ao comercio local

Arzúa, 22 de decembro de 2021.- O BNG de Arzúa arrancou o pasado martes, un ano máis, unha camapaña de apoio ao comercio local baixo o lema “Mellor local. Mellor galego”. A organización nacionalista aproveitou as datas de Nadal para repartir material de aopio por diferentes comercios da Vila de Arzúa.

Con esta campaña desde o BNG queren animar ás e aos arzuáns a mercar no comercio local e de proximidade “e aproveitar todas as virtudes que este nos ofrece: unha ampla oferta de servizos, con produtos de calidade e a prezos competitivos que, xunto coa cercanía e o trato persoal, conforman a mellor forma de investir o noso diñeiro e que, así, o beneficio económico repercuta en Arzúa” sinalou Xoán Xesús Carril, portavoz municipal do BNG en Arzúa.

Segundo Carril “Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar ruiqueza para Galiza e impedir a desertización de concellos rurais coma o noso. Se queremos que Arzúa teña futuro, temos que apostar polo comercio e a produción local” Así, o portavoz municipal do BNG fixo un chamamento á veciñanza de Arzúa e afirmou que “está nas nosas mans modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción arzuá e galega, de extraordinaria calidade”.

O BNG inicia en Arzúa unha campaña de aopio ao comercio local