CARRIL SOLICITA AO ALCALDE QUE SE IMPLIQUE PARA BUSCAR FINANCIAMENTO PARA A URXENTE REMODELACIÓN QUE PRECISA A PISCINA

O BNG insta ao alcalde a que ser revisen as instalacións da piscina municipal exterior para evitar retrasos na súa apertura

Carril
Carril

O Portavoz Municipal do BNG, Xoán Xesús Carril, referiuse hoxe á situación da piscina municipal exterior, instando ao alcalde e ao goberno municipal á revisión das infraestruturas para que esta instalación poida “abrir en tempo e forma” no verán.

Carril instou así ao alcalde a “facer os deberes agora que estamos a tempo para evitar os retrasos na apertura da piscina que se teñen producido en anos anteriores, habida conta que esta é unha instalación moi usada pola nosa veciñanza” explicou.

Ademais, desde o BNG consideran que “a piscina municipal precisa unha urxente remodelación, mellorando e modernizando as instalacións, algo no que o alcalde debería implicarse, buscando financiamento para este necesario arranxo” concluíu. 