DESDE O BNG CHAMAN AO CONCELLO A APROVEITAR OS 15 DÍAS DE PECHE DA PISCINA EN AGOSTO PARA BUSCAR UNHA SOLUCIÓN Á SITUACIÓN ACTUAL

O BNG insta ao Concello de Arzúa a arranxar os desperfectos na Piscina Climatizada

piscina
Exterior da Piscina de Arzúa
O BNG insta ao Concello de Arzúa a arranxar os desperfectos na Piscina Climatizada

Alertado por diversos usuarios e usuarias da Piscina Climatiza, o Portavoz Municipal do BNG, Xoán Xesús Carril, visitou estas instalacións para coñecer de primeira man o estado das mesmas.

“A día de hoxe hai un problema de goteiras en diferentes espazos que tanto as persoas usuarias como as propias traballadoras e traballadores sufriron este inverno, tendo que chegar ao extremo de colocar caldeiros para recoller a auga que verte desde o teito” explicou Carril.

Do mesmo xeito, o Portavoz do BNG explicou que “hai dúas máquinas do ximnasio que desde hai tempo non funcionan, ao igual que a televisión que tampouco funciona. Tamén a simple vista obsérvanse diversos desperfectos, como por exemplo o cristal roto na entrada ás instalacións da Piscina, que poderían ser solventados con moita facilidade por parte do Concello” sinalou Carril.

“Esta situación  denota unha falta de atención destas instalacións por parte do Concello, non actuando fronte a algunhas situacións que, de ter sido atalladas a tempo, terían unha moi fácil solución” dixo o Portavoz do BNG, polo que, “tendo en conta o período de 15 días de peche da Piscina no mes de agosto, que comezan mañá día 1, instamos ao Concello a que os aproveite, buscando unha solución para arranxar todos estes desperfectos de maneira que as usuarias e usuarios poidan atopar estas instalacións en condicións óptimas e así garantir uns servizos municipais de calidade” concluíu Carril.

O BNG insta ao Concello de Arzúa a arranxar os desperfectos na Piscina Climatizada