CARRIL: “TEMOS COÑECEMENTO DE QUE NOS ÚLTIMOS MESES NON CESAN OS ROUBOS QUE ESTÁN AFECTANDO GRAVEMENTE A NEGOCIOS E Á VECIÑANZA DO NOSO CONCELLO, URXE QUE SE TOMEN MEDIDAS PARA ACABAR CON ESTA SITUACIÓN DE INSEGURIDADE”
O BNG insta a que desde o Concello reúnan á Xunta de Seguridade para que se tomen medidas urxentes fronte á vaga de roubos que está a haber en Arzúa
O Portavoz Municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, explicou hoxe que desde o Grupo Municipal do BNG xa instaron ao Concello, no pasado Pleno do 8 de novembro, a reunir unha Xunta de Seguridade para analizar “a vaga de roubos que está a haber en Arzúa nos últimos meses e tomar medidas para frear a inseguridade que están a vivir os negocios e familias arzuás” explicou.
O voceiro nacionalista explicou que “ante a constatación de que desde o Concello non se puxo en marcha aínda ningunha medida, instamos a que se faga canto antes para poñer fin a esta situación”.
“Esta mesma noite volveron a producirse roubos en diferentes negocios de Arzúa, unha situación que require a actuación e coordinación urxente do Concello coas forzas de seguridade para evitar que a nosa veciñanza vivan na situación de indefesión total que se está a producir” concluíu Carril.