DENUNCIAN A “DESIDIA” DO ALCALDE E DO GOBERNO MUNICIPAL, QUE NON SUBSCRIBIRON O CONVENIO ENTRE A FEGAMP E A AMTEGA PARA ESTA FINALIDADE

O BNG lamenta que Arzúa non se vaia ver beneficiada polo acordo para ampliar a cobertura móbil no rural anunciado a semana pasada pola Xunta de Galiza

MG8_0850
MG8_0850
Carril:en Arzúa temos lugares nos que a ausencia de cobertura móbil dificulta a vida normal da nosa veciñanza, as parroquias de Oíns, Dodro e San Martiño teñen denunciado en moitas ocasións esta situación”.
O BNG lamenta que Arzúa non se vaia ver beneficiada polo acordo para ampliar a cobertura móbil no rural anunciado a semana pasada pola Xunta de Galiza

O Portavoz Municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, lamentou hoxe que Arzúa non vaia verse beneficiada polo acordo para ampliar a cobertura móbil no rural anunciado a semana pasada pola Xunta de Galiza.

“Arzúa non vai poder beneficiarse destas melloras pola desidia do alcalde e do seu goberno municipal, porque non subscribiron o convenio entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza (AMTEGA) para a posta en marcha destas accións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galiza” explicou Carril.

O portavoz nacionalista sinalou que “en Arzúa temos lugares nos que a ausencia de cobertura móbil dificulta a vida normal da nosa veciñanza, as parroquias de Oíns, Dodro e San Martiño teñen denunciado en moitas ocasións esta situación, e subscribir ese convenio era unha axuda para comezar a subsanar estas deficiencias” lamentou.

“Agora desde a Xunta anuncian que van comezar os traballos para mellorar a cobertura en 250 núcleos galegos, e Arzúa queda fóra deste reparto unicamente pola desidia e deixadez do goberno municipal de José Luís García” concluíu o portavoz nacionalista. 

O BNG lamenta que Arzúa non se vaia ver beneficiada polo acordo para ampliar a cobertura móbil no rural anunciado a semana pasada pola Xunta de Galiza