CARRIL SINALOU O “TUFO ELECTORALISTA DE ANUNCIOS COMO “A SUPOSTA REMODELACIÓN DA RÚA FRAGA DO REI, CANDO NON SE ACORDOU DELA EN 8 ANOS”

O BNG pide ao alcalde de Arzúa “responsabilidade” e que deixe de facer “brindis ao sol” en referencia aos últimos anuncios realizados polo goberno municipal

Xoán Xesús Carril, candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa

Desde o BNG pedímoslle ao acalde que non lle tome o pelo ás veciñas e veciños a 3 meses escasos das eleccións municipais por arañar un puñado de votos

O BNG pide ao alcalde de Arzúa “responsabilidade” e que deixe de facer “brindis ao sol” en referencia aos últimos anuncios realizados polo goberno municipal

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, saíu ao paso dos anuncios realizados polo alcalde de Arzúa referidos a diversas obras no entorno da feira. Carril pediulle ao alcalde “responsabilidade” pois considera que está ”facendo brindis ao sol con promesas coma esta, cando en 8 anos que leva no sillón da alcaldía non se acordou da rúa Fraga do Rei”, explicou.

Carril expresou isto ante as recentes noticias aparecidas na prensa “segundo as cales o alcalde anuncia un suposto proxecto de reurbanización da rúa Fraga do Rei” e, engade, “non deixa de ser curioso que a 3 escasos meses das eleccións o alcalde faga promesas coma esta, o tufo electoralista destes anuncios rezuma por todas partes” sentenciou Carril. Algo semellante acontece coa Rúa Calexa, que Carril califica de “outra mofa á veciñanza desta zona que se diga que se están estudando modificacións do PXOM cando en todos estes meses o alcalde non foi quen de presentar un proxecto ás veciñas e veciños, e cando houbo unha xuntanza con eles, coa Casa da Cultura chea e non foi capaz de presentar nada en serio” explicou.

Desde o BNG consideran grave que se xogue desta maneira con esta cuestión cando “a realidade desta rúa é que é das máis deterioradas de Arzúa, pese a ser unha arteria principal do noso concello e das máis poboadas do casco urbano” sinalou Carril.

“Pedímoslle ao alcalde que non lle tome o pelo ás veciñas e veciños a 3 meses escasos das eleccións municipais por arañar un puñado de votos” dixo Carril e, engadiu que, “por certo, as veciñas e veciños da Fraga do Rei nada saben deste suposto proxecto pois nin foron informados nin consultados de que estea previsto facer ningunha actuación de reurbanización na Fraga do Rei” dixo Carril.

O BNG pide ao alcalde de Arzúa “responsabilidade” e que deixe de facer “brindis ao sol” en referencia aos últimos anuncios realizados polo goberno municipal