“CON ESTA APLICACIÓN PARA DISPOSITIVOS MÓBILES, CALQUERA PERSOA PODERÁ ACHEGAR IDEAS E PROPOSTA PARA O NOSO PROGRAMA DE GOBERNO” DIXO CARRIL

O BNG presenta en Arzúa unha aplicación móbil que permite facer achegas ao programa electoral das vindeiras municipais

Presentación_APP
Na foto, Carril acompañado de Lucía López, Lidia Castro e Manuel García.

A aplicación xa está dispoñíbel para descargar e desde o BNG convidan a toda a veciñanza a que fagan chegar as súas propostas

O BNG presenta en Arzúa unha aplicación móbil que permite facer achegas ao programa electoral das vindeiras municipais

Desde o BNG de Arzúa presentamos hoxe unha aplicación para dispositivos móbiles. “Con esta aplicación para dispositivos móbiles, calquera persoa poderá achegar ideas e proposta para o noso programa de goberno” dixo Carril. Ademais do noso candidato á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, na presentación participaron Lucía López e Manuel García, números 2 e 3 da candidatura do BNG respectivamente, e Lidia Castro, Responsábel comarcal de Galiza Nova.

Carril sinalou que “a aposta do BNG é estar onde está a sociedade actual e por iso creamos ferramentas coma esta, para facilitar que calquera veciña ou veciño de Arzúa poida facernos chegar dunha maneira sinxela as súas propostas”. A descarga da aplicación é completamente gratuíta e pódese facer escaneando o código QR que se publicará nas redes sociais e na cartelería do BNG que se distribuirá por Arzúa, ou ben poñendo as palabras Programa BNG 2019 no Play Store e seleccionando o concello de Arzúa unha vez descargada.

“Teremos en conta todas as propostas que recibimos e incluiremos no noso programa de goberno aquelas que sirvan para rescatar Arzúa da parálise e inacción á que o goberno actual someteu ao noso concello nos últimos anos” explicou Carril. Desde o BNG animan á veciñanza arzuá a facer as súas achegas “sexa por esta canle ou por calquera outra, pois no BNG somos unha organización aberta a quen queira achegar ideas para unha Arzúa mellor” concluíu o candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa.

O BNG presenta en Arzúa unha aplicación móbil que permite facer achegas ao programa electoral das vindeiras municipais