AS E OS NACIONALISTAS PRESENTARON ALEGACIÓNS Á PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA QUE REGULA O IMPOSTO DA PLUSVALÍA MUNICIPAL

O BNG propón unha bonificación do 95% no imposto municipal de transmisión da propiedade da vivenda habitual

BNG_presenta_alegacións
BNG_presenta_alegacións
O BNG propón unha bonificación do 95% no imposto municipal de transmisión da propiedade da vivenda habitual

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar 2 emendas á proposta de modificación parcial da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana feita polo Alcalde de Arzúa, José Luís García López. Así o anunciou a través do seu Portavoz Municipal en Arzúa, Xoán Xesús Carril Ramos.

 

Segundo indicou Carril, “o alcalde pretende subir o tipo impoñíbel do 17 ao 30%, o máximo permitido pola lei”, cuestión que, desde o BNG, consideran que “na actual situación de alza nos prezos en bens e servizos básicos non parece razonábel realizar unha suba tan pronunciada”, asegurou o nacionalista. 

 

Na mesma liña, desde o Bloque, reclaman que se aplique unha bonificación do 95% da cota do imposto de transmisións da propiedade da vivenda habitual. “A realidade deste país é moi particular e son moitas as familiar que, habitualmente por cuestións laborais, viven e teñen os negocios nas casas familiares. Este tipo de transmisións acontecen, habitualmente, en familias de clase traballadora”, explicou o portavoz nacionalista que, engadiu, “ademais, unha bonificación deste tipo podería axudar, tamén, a fixar poboación no noso concello.” concluíu Carril.

O BNG propón unha bonificación do 95% no imposto municipal de transmisión da propiedade da vivenda habitual