CARRIL: “TRÁTASE DE SISTEMAS QUE XA ESTÁN IMPLEMENTADOS EN MOITOS ESPAZOS NOUTROS CONCELLOS E QUE RESOLVERÍAN O PROBLEMA QUE SE ESTÁ A DAR ACTUALMENTE, ONDE AS USUARIAS E USUARIOS NON TEÑEN GARANTIDO O ACCESO ÁS PISTAS DE PÁDEL OU AOS PAVILLÓNS, ENTRE OUTRAS”

O BNG propón dotar as instalacións deportivas municipais dun sistema automatizado que garanta o acceso público ás mesmas

carril_e_lucia
Xoán Xesús Carril e Lucía López, concelleiros do BNG.

Denuncian que actualmente hai moitas usuarias e usuarios que están a desprazarse a outros concellos para realizar deporte ante as trabas coas que se atopan en Arzúa por parte do goberno municipal

O BNG propón dotar as instalacións deportivas municipais dun sistema automatizado que garanta o acceso público ás mesmas

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, avanzou hoxe algunhas das propostas en materia deportiva que a organización nacionalista levará no seu programa ás vindeiras eleccións municipais de maio.

Desde o BNG propoñen dotar ás instalacións deportivas municipais dun sistema automatizado que garanta o acceso público ás mesmas, “en condicións de igualdade e dando resposta á demanda que temos en Arzúa de uso destas infraestruturas” explicou Carril.

“Actualmente hai usuarias e usuarios de instalacións como as pistas de pádel ou os pavillóns que se están vendo obrigadas á desprazarse a concellos limítrofes para facer uso de instalacións deportivas coas que contamos en Arzúa por causa das trabas para o seu uso coas que se atopan no noso concello” sinalou o candidato nacionalista á Alcaldía de Arzúa.

Desde o BNG sinalan que “urxe un cambio de goberno en Arzúa, non pode ser que haxa infraestruturas infrautilizadas e descoidadas e que o concello non teña un proxecto deportivo para Arzúa, como amosou ao longo de todos estes anos o goberno de José Luís García” sinalou Carril.

“Queremos liderar este cambio, cun goberno do BNG en Arzúa co que apostaremos por unha política deportiva que priorice a democratización e o fomento do deporte para todas as idades e para todas as persoas, abrindo totalmente as portas das infraestruturas deportivas e fomentando por igual todos os deportes” concluíu Carril.

O BNG propón dotar as instalacións deportivas municipais dun sistema automatizado que garanta o acceso público ás mesmas