CARRIL: “FACÉMONOS ECO DO DESCONTENTO DA VECIÑANZA ANTE ESTAS SITUACIÓNS. É INACEPTÁBEL A PARÁLISE ADMINISTRATIVA QUE VIVE O NOSO CONCELLO E QUE ESTÁ A AFECTAR GRAVEMENTE ÁS VECIÑAS E VECIÑO

O BNG reclama ao goberno de AxA-PSOE o desbloqueo da parálise na concesión de licencias urbanísticas e o inicio das obras da depuradora na Castañeda

_mg89539
Xoán Xesús Carril, Portavoz Municipal do BNG
O BNG reclama ao goberno de AxA-PSOE o desbloqueo da parálise na concesión de licencias urbanísticas e o inicio das obras da depuradora na Castañeda

 O portavoz municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, explicou hoxe aos medios de comunicación que rexistrou unha solicitude de información no Concello de Arzúa “en relación coa parálise que vive o noso Concello, como pode comprobarse coa ausencia de concesións de licenzas urbanísticas desde hai máis dun ano, así como ante a falta de resolución do problema que arrastra a Parroquia da Castañeda ao carecer de depuradora” explicou.

O nacionalista anunciou tamén que desde o BNG interpelarán ao alcalde no Pleno para que dea explicacións públicas “ante o que consideramos unha situación inadmisíbel que vive o Concello de Arzúa desde hai anos e baixo a responsabilidades deste mesmo alcalde” sinalou.

Licenzas urbanísticas sen resolver.

O Portavoz Municipal do BNG referiuse á situación pola que están a atravesar moitos veciños e veciñas de Arzúa que desde hai máis dun ano non teñen unha resposta ante as solicitudes realizadas de licenzas urbanísticas. “Trátase dunha situación absolutamente inaceptábel e escandalosa. Foron moitas as veciñas e veciños que se puxeron en contacto connosco ante esta situación. No Concello de Arzúa hai moitas licenzas urbanísticas sen resolver desde hai máis dun ano e sen que se lles dea unha resposta, nin explicacións aos veciños e veciñas afectadas. Unha situación que desde o BNG consideramos que non é admisíbel” explicou Carril.

A depuradora “pantasma” da Castañeda.

Carril referiuse tamén á denuncia realizada hai uns días polas veciñas e veciños da Castañeda, ante a preocupacións suscitada polo retraso e ausencia de información  en relación coa construción da depuradora nesta parroquia. “Queremos tamén que o goberno de AxA-PSOE explique publicamente que é o que ocorre coa depuradora da Castañeda, cando a finais do 2017 aprobou no Pleno a inclusión desta obra no POS, e cando a poucos días das pasadas eleccións municipais tivo a ousadía de anunciar a compra da finca para a ubicación desta instalación e venderlle fume á veciñanza” explicou Carril. “A día de hoxe constátase que esta foi unha manobra puramente electoralista xa que as veciñas e veciños da Castañeda seguen sen depuradora, sen ter unha resposta nin explicacións por parte da alcaldía e sen visos de cando se poderá comezar a construír” salientou Carril. “Desde o BNG xa solicitamos que se nos dé acceso ao expediente vinculado a esta cuestión e tamén pediremos explicacións no vindeiro Pleno, e reclamámoslle ao goberno de AxA-PSOE o desbloqueo urxente da parálise do Concello, polo ben da veciñanza arzuá” concluíu.

 

O BNG reclama ao goberno de AxA-PSOE o desbloqueo da parálise na concesión de licencias urbanísticas e o inicio das obras da depuradora na Castañeda