CARRIL: “NON PODE HABER VECIÑANZA DE PRIMEIRA E DE SEGUNDA, O ALCALDE E O GOBERNO MUNICIPAL DEBEN ATENDER A TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS POR IGUAL, INDEPENDENTEMENTE DE ONDE VIVAN”

O BNG reclama que se atendan as necesidades da veciñanza da Praza de San Xoán e zona do cemiterio cara Carballos Altos

2
Xoán Xesús Carril, Portavoz Municipal do BNG, e Lucía López, Concelleira do BNG, na Praza de San Xoán
Alertados pola veciñanza, desde o BNG denuncian a acumulación de lixo durante semanas nas beirarrúas, contedores e papeleiras da zona, así como outros materiais que non se retiran desde fai meses
O BNG reclama que se atendan as necesidades da veciñanza da Praza de San Xoán e zona do cemiterio cara Carballos Altos

O Portavoz Municipal do BNG, Xoán Xesús Carril, reclamou que se atendan as necesidades da veciñanza da rúa coñecida como Praza de San Xoán e da zona do cemiterio cara Carballos Altos.

“Alertados pola veciñanza comprobamos o estado de abandono total no que se atopan estas partes do concello de Arzúa. O lixo acumúlase durante semanas nas beirarrúas e ao lado das casas, os contedores e papeleiras non se baleiran coa frecuencia que se debería, e hai tamén outros materiais que non se retiran desde fai meses” explicou Carril.

“Do mesmo xeito, na zona do cemiterio cara Carballos Altos conviría unha limpeza urxente das beirarrúas e a reparación de varias lousas que están levantadas e poden supor un perigo para as persoas que transitan por estas beirarrúas” sinalou o portavoz nacionalista.

Denuncian que hai veciñas e veciños da zona que chegaron a dirixirse ao Alcalde até en tres ocasións “sen recibir resposta nin atención ningunha ás queixas, máis que xustificadas, dadas pola veciñanza desta zona de Arzúa” sinalou Carril.

O Portavoz Municipal do BNG concluíu exixíndolle ao Alcalde que “atenda a todas as veciñas e veciños de Arzúa por igual, independentemente de onde vivan, é a súa obriga”

O BNG reclama que se atendan as necesidades da veciñanza da Praza de San Xoán e zona do cemiterio cara Carballos Altos