CARRIL SINALA QUE “O ALCALDE TEN QUE FACER O SEU TRABALLO PARA GARANTIR QUE EN CANTO A SITUACIÓN O PERMITA A ÁREA RECREATIVA DE RIBADISO ESTEA EN PLENAS CONDICIÓNS”

O BNG reclama que se saque a licitación o “Chiringuito” de Ribadiso

Carril2
Xoán Xesús Carril, Portavoz Municipal do BNG, visitou a Área Recreativa de Ribadiso e comprobou os múltiples desperfectos que presenta
Carril: “a situación do Chiringuito de Ribadiso é unha metáfora do que son o alcalde e o goberno municipal de Arzúa: o abandono, a inactividade e a parálise son as súas señas de identidade”
O BNG reclama que se saque a licitación o “Chiringuito” de Ribadiso

O Portavoz Municipal do BNG no Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril, compareceu hoxe para reclamarlle ao alcalde de Arzúa que saque a licitación a concesión do Bar-Cafetaría da Área Recreativa de Ribadiso, máis coñecido como “O Chiringuito”.

Carril explicou que “o alcalde ten que facer o seu traballo, independentemente da situación actual, para garantir que en canto sexa posíbel a Área Recreativa de Ribadiso estea en plenas condicións”. O portavoz nacionalista explicou que “o Chiringuito de Ribadiso representa unha posibilidade de xerar postos de traballo durante os meses estivais, algo que nos tempos que corren é máis importante coidar ca nunca” dixo.

Carril lembrou que “xa no 2019, o último ano no que foi sacado a licitación o Chiringuito, o alcalde sacouno moi tarde e mal, facendo que se perderan meses de poder telo en activo” explicou e, engadiu, “este ano todo parece indicar que vai polo mesmo camiño” sinalou.

Mobiliario roto e lixo por todas partes

O Portavoz do BNG reclamoulle tamén ao alcalde “o mantemento das instalacións e da contorna da Área Recreativa, nestes momentos o lixo campa as súas anchas e os desperfectos son notábeis” sinalou.

Desde o BNG indican que “a situación do Chiringuito de Ribadiso é unha metáfora do que son o alcalde e o goberno municipal de Arzúa: o abandono, a inactividade e a parálise son as súas señas de identidade” concluíu Carril.

O BNG reclama que se saque a licitación o “Chiringuito” de Ribadiso