AS E OS NACIONALISTAS RECLÁMANLLE QUE NON FIQUE IMPASÍBEL ANTE O ATROPELO Á VECIÑANZA DE ARZÚA QUE SUPÓN O PECHE DE OFICINAS BANCARIAS E O DESMANTELAMENTO DE SERVIZOS
O BNG solicita ao alcalde de Arzúa o peche da contas municipais co Sabadell
O Portavoz municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, dirixiuse hoxe ao alcalde de Arzúa para solicitar o peche das contas que o Concello ten abertas co Banco Sabadell.
Tal e como informan desde o BNG, son dúas as contas que o Concello de Arzúa ten abertas con esta entidade “chegando a mobilizarse nelas contías cercanas ao medio millón de euros, segundo datos da Conta xeral do ano 2020” explicou Carril.
Esta solicitude prodúcese no marco do feche da oficina que esta entidade tiña no termo municipal arzuán após o ERE que o Banco Sabadell ten en marcha neste momento.
Desde o BNG reclámanlle ao alcalde que “non fique impasíbel ante estes atropelos ás veciñas e veciños de Arzúa” explicou Carril, ao tempo que alertan do recorte de servizos que “é só a punta do iceberg do desmantelamento de servizos que se está a producir en moitos concellos rurais coma o noso” concluíu o portavoz municipal do BNG en Arzúa.