CARRIL: “É NECESARIO UN GOBERNO DO BNG NO CONCELLO DE ARZÚA PARA FACERLLE FRONTE Á DESTRUCIÓN QUE O PARTIDO POPULAR ESTÁ PERPETRANDO NA SANIDADE PÚBLICA”

O BNG volve denunciar o colapso que sofre o Centro Médico de Arzúa pola falta de persoal médico

IMG_2181

A organización nacionalista anuncia o rexistro inmediato dunha iniciativa no Parlamento galego para instar á Xunta de Galiza a subsanar esta deficiente situación

O BNG volve denunciar o colapso que sofre o Centro Médico de Arzúa pola falta de persoal médico

O candidato á Alcaldía do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, alertou hoxe “da situación de colapso que temos no Centro Médico de Arzúa” indicando que “esta mesma mañá a situación foi absolutamente escandalosa, cando de 4 médicos que deberíamos ter só contamos con 1” explicou Carril.

Carril anunciou “o rexistro inmediato dunha iniciativa no Parlamento galego” a través do grupo parlamentar do BNG para “instar á Xunta de Galiza a subsanar a deficiente situación que padecemos tanto nas consultas ordinarias como nas urxencias, e que xa desde o BNG levamos denunciando desde hai meses” explicou.

O candidato nacionalista á Alcaldía de Arzúa expresou que “é necesario un goberno do BNG no Concello de Arzúa para facerlle fronte á destrución que o Partido Popular está perpetrando na sanidade pública” e, engadiu, “ante as consecuencias que esta situación está a acarrexar para a veciñanza de Arzúa, é inconceblible a parálise do goberno municipal, que en catro anos nin sequera se pronunciou ante esta situación” sinalou Carril. “Isto cun goberno do BNG nunca acontecería. O BNG é o único muro de contención contra as políticas de destrución da sanidade pública do PP” concluíu o candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa.

O BNG volve denunciar o colapso que sofre o Centro Médico de Arzúa pola falta de persoal médico