O ALCALDE DE ARZÚA CONVOCOU A TODA A CORPORACIÓN A COMISIÓNS O MÉRCORES PARA DESCONVOCALAS O XOVES E TODO APUNTA A QUE TAMÉN SE SUSPENDERÁ O PLENO ORDINARIO

Carril: “O alcalde e o seu goberno son coma un polo sen cabeza, o descontrol no que teñen sumido o Concello afecta negativamente a todas as veciñas e veciños”

MG8_0850
Xoán Xesús Carril, Portavoz Municipal do BNG

Denuncian que o alcalde suspedese as comisións dun día para outro “onde se ían tratar temas de grande importancia para a veciñanza como a contratación do SAF, a ordenanza de usos do taxi e os Orzamentos para o ano 2021”

Carril: “O alcalde e o seu goberno son coma un polo sen cabeza, o descontrol no que teñen sumido o Concello afecta negativamente a todas as veciñas e veciños”

O Portavoz Municipal do BNG, Xoán Xesús Carril, comparou hoxe ao alcalde e ao goberno municipal de Arzúa con “un polo sen cabeza” após ter o alcalde convocado a todos os grupos políticos da corporación a Comisión de Contas e Comisión de Asuntos do Pleno o mércores 21 de abril e desconvocalas ao día seguinte.

“Este é só un exemplo moi significativo do descontrol no que teñen sumido o Concello de Arzúa e que afecta moi negativamente no día a día a todas as veciñas e veciños” explicou Carril. Desde o BNG consideran “escusas peregrinas” as esgrimidas polo alcalde á hora da sorprendente suspensión destas convocatorias para as cales alegou problemas informáticos, “deberon quedar sen papel no Concello” dixo Carril en tono humorístico.

Desde o BNG sinalan que “o preocupante disto son os temas que se ían abordar nestas comisións, que deberían ir ao vindeiro Pleno ordinario o xoves 29 de abril, e que por culpa da xestión desastrosa deste alcalde se van retrasar: o novo contrato do SAF, o debate sobre a ordenanza de usos do taxi e os Orzamentos municipais para o ano 2021” explicou o portavoz nacionalista. “Todos estes temas son moi importantes e afectan dunha maneira moi directa á nosa veciñanza, e agora van seguir pospostos pola inoperancia do alcalde e do seu goberno municipal” concluíu Carril.

Carril: “O alcalde e o seu goberno son coma un polo sen cabeza, o descontrol no que teñen sumido o Concello afecta negativamente a todas as veciñas e veciños”