O BNG DE ARZÚA PRESENTOU A CANDIDATURA COA QUE CONCORRERÁ ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS “UNHA CANDIDATURA QUE COMBINA A EXPERIENCIA DOS ANOS COA SABIA NOVA E A ILUSIÓN DE XENTE MOZA QUE APOSTA FIRMEMENTE POR ARZÚA” SINALOU CARRIL

Carril: “O BNG de Arzúa preséntase a estas Eleccións Municipais cunha organización máis cohesionada e cun proxecto para Arzúa máis claro ca nunca”

cand_arzua_2019
Candidatura do BNG ás Eleccións Municipais 2019
Carril: “O BNG de Arzúa preséntase a estas Eleccións Municipais cunha organización máis cohesionada e cun proxecto para Arzúa máis claro ca nunca”

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, presentou hoxe a candidatura ás vindeiras Eleccións Municipais do 26 de maio. Trátase dunha candidatura composta por persoas “coherentes, traballadoras e involucradas no día a día do noso concello” explicou Carril. “A nosa é unha candidatura que combina a experiencia dos anos coa sabia nova e a ilusión de xente moza que aposta firmemente por Arzúa” dixo Carril.

“O BNG de Arzúa preséntase a estas Eleccións Municipais cunha organización máis cohesionada e cun proxecto para Arzúa máis claro ca nunca” expresou o candidato do BNG á Alcaldía. “Levamos anos traballando, podemos dicir con orgullo que fomos a única organización política que existiu en Arzúa neste mandato municipal, facendo propostas e demandando solucións ás necesidades e problemáticas que ten o noso concello” sinalou Carri.

“Todas e todos os integrantes da candidatura do BNG temos algo en común, as ganas de darlle a Arzúa o goberno que se merece: aberto, con iniciativa e traballador” dixo Carril.

O BNG presenta 16 persoas na candidatura. Acompañan a Xoán Xesús Carril, Lucía López, Manuel García, Iria Carreira, Xesús Portos, Lidya Castro, Emilio Vázquez, Ana Villar, Manuel Rivadulla, Silvia Duro, Leonardo Bermúdez, Paula Rodríguez, Xosé Luís Carreira, Miguel Sánchez, Cristina Díaz e Daniel Moscoso.

“Queremos para Arzúa o proxecto transformador do BNG que ten sobradamente demostrado como é capaz de mellorar a vida das persoas alí onde goberna”, concluíu o candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa.

Carril: “O BNG de Arzúa preséntase a estas Eleccións Municipais cunha organización máis cohesionada e cun proxecto para Arzúa máis claro ca nunca”