O BNG DE ARZÚA REALIZOU UN REPARTO INFORMATIVO, ENMARCADO NA CAMPAÑA ELECTORAL DAS ELECCIÓNS XERAIS, APROVEITANDO A TRADICIONAL FEIRA DO 22 EN ARZÚA

Carril: “Que o BNG recupere a representación no Congreso dos Deputados é a única garantía de que as demandas de Galiza e, por ende, de Arzúa, sexan escoitadas”

Xerais_Arzúa_Feira_220419
Xerais_Arzúa_Feira_220419
Carril: “Que o BNG recupere a representación no Congreso dos Deputados é a única garantía de que as demandas de Galiza e, por ende, de Arzúa, sexan escoitadas”

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, acompañado de integrantes da candidatura nacionalista ás vindeiras Eleccións Municipais e tamén de simpatizantes da organización, participou dun reparto informativo enmarcado na campaña electoral das Eleccións Xerais do vindeiro domingo, 28 de abril.

O reparto celebrouse aproveitando a tradicional feira que se celebra o 22 de cada mes en Arzúa. Carril aproveito a ocasió para “convidar a toda a veciñanza arzuá a apostar polo futuro, a democracia, os dereitos e liberdades votando ao BNG o vindeiro domingo, pois é a única garantía de que os intereses de Galiza e, por ende, de Arzúa, estean representados e as nosas demandas sexan escoitadas nas Cortes do Estado” expresou.

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa amosouse convencido de que “o vindeiro 28 de abril Galiza vai recuperar a voz que nunca debeu perder no Congreso, da man do BNG” concluíu.

Carril: “Que o BNG recupere a representación no Congreso dos Deputados é a única garantía de que as demandas de Galiza e, por ende, de Arzúa, sexan escoitadas”