“NESTAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS, O BNG É A ÚNICA OPCIÓN POLÍTICA PARA GARANTIR EN ARZÚA UN CAMBIO DE GOBERNO TRANSFORMADOR, QUE FAGA QUE O NOSO CONCELLO RECUPERE A REFERENCIALIDADE QUE NUNCA DEBEU PERDER”

Carril chama a concentrar o voto no BNG “para garantir que Arzúa avance”

carril
Carril ante o público asistente ao acto de peche de campaña
Carril chama a concentrar o voto no BNG “para garantir que Arzúa avance”

O Bloque Nacionalista Galego pechou a campaña electoral en Arzúa cun acto público que contou coa participación do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

O candidato do BNG á alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, chamou “a concentrar o voto no BNG para garantir que Arzúa avance”. “Arzúa precisa dun equipo de goberno que traballe unido para garantir máis e mellores servizos públicos, máis e mellores infraestruturas. Para garantir máis emprego e calidade de vida no noso concello e asentar poboación e reverter a baixada dos 6000 habitantes que se produciu nestes últimos catro anos.”, sinalou Carril.

“No BNG temos ese equipo preparado para gobernar Arzúa, temos experiencia e sabemos como sacar a Arzúa do estancamento e da parálise ao que a conduciu o goberno de José Luís García”, indicou o candidato do BNG á alcaldía. “Nestas eleccións municipais, o BNG é a única opción política para garantir en Arzúa un cambio de goberno transformador, que faga que o noso concello recupere a referencialidade que nunca debeu perder”, incidiu Carril.

Por outra parte, o deputado do BNG no Congreso confía na capacidade do BNG de Arzúa de liderar o vindeiro goberno municipal. “Carril está acompañado por un equipo de persoas preparadas para sacar adiante o proxecto que merece ese concello: que mellore a calidade de vida da veciñanza e desenvolva políticas verdadeiramente transformadoras”.

“Está rematando unha campaña ilusionante e esperanzadora porque estamos vendo a posibilidade real de que se produzan mudanzas importantes e o BNG é esa esperanza de que eses cambios sexan posíbeis” afirma o deputado do BNG. Neste sentido, Néstor Rego fai o último chamamento a todas as galegas e galegos para que “tornen realidade ese obxectivo de transitarmos para concellos transformadores, concellos gobernados polo BNG, que avancen na calidade de vida e benestar da veciñanza”, destacou o deputado do BNG no Congreso.

“A marca de concellos BNG é unha marca de prestixio dentro dun proxecto nacionalista que aspira a mudar a realidade do País e que cumpre todo aquilo co que se compromete” apunta. Unha organización, a do BNG, que tamén traballa de maneira incansábel na defensa dos intereses dos e das galegas tamén no Congreso: “non existe problema nin solución que esta organización non reclamase ao Goberno do Estado” concluíu Rego.
 

Carril chama a concentrar o voto no BNG “para garantir que Arzúa avance”