O BNG CONTINÚA A XEIRA DE ACTOS PÚBLICOS POLAS PARROQUIAS E ESTARÁ ESTA SEMANA EN DODRO, DOMBODÁN, RENDAL LEMA E BURRES
Carril comprométese a dotar as parroquias de Arzúa dun servizo público de transporte a demanda para facilitar o desprazamento das persoas maiores á hora de facer xestións do día a día
Arzúa, 15 de maio de 2023.- O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, continúa a súa xeira de contacto coas veciñas e veciños con actos públicos en todas as parroquias arzuás.
“Estamos compartindo tempo e contrastando ideas coas nosas veciñas e veciños. Está sendo unha campaña electoral moi gratificante, con actos públicos moi nutridos e participativos. Estásenos achegando moita xente que pide un cambio no goberno municipal e apostan polo BNG para facelo posíbel” explicou Carril.
O candidato do BNG comprometeuse a que, se o BNG acada a Alcaldía de Arzúa, “poremos e marcha un servizo público de transporte a demanda para facilitar o desprazamento das persoas maiores, e de aquelas que o precisen e non conten con vehículo propio, para facilitar o seu desprazamento ao casco urbano para facer xestións como acudir ao centro médico, facer a compra, ir ao banco ou calquera outra xestión do día a día” explicou Carril.
Ademais, o BNG informa de que aos actos públicos xa realizados nas parroquias de Pantiñobre, Boente, Brandeso, San Martiño de Calvos e Oíns seguiranlle esta semana as seguintes parroquias:
Luns, 15 de maio ás 9 da noite no Local Social de Dodro.
Martes, 16 de maio ás 9 da noite no Local Social de Dombodán.
Mércores, 17 de maio ás 9 da noite no Local Social de Rendal.
Xoves, 18 de maio ás 9 da noite no Local Social de Lema.
Venres, 19 de maio ás 9 da noite no Local Social de Burres.
Desde o BNG lembran que son actos públicos abertos e convidan a toda a veciñanza destas parroquias a participar do mesmos “porque Arzúa merece un cambio e rematar co abandono sufrido nos 12 anos do goberno actual" concluíron.