O CANDIDATO DO BNG AFEOULLE AO ACTUAL GOBERNO MUNICIPAL “O DESLEIXO E DESATENCIÓN EN TODA ESTA ZONA, CUNS EDIFICIOS INFRAUTILIZADOS E QUE O CONCELLO ESTÁ A EMPREGAR COMO ESCOMBREIRA”

Carril: “darémoslle un novo pulo aos edificios da feira e a toda a súa contorna, impulsando e mellorando o Centro de Interpretación do Mel, ampliándoo tamén ao queixo”

Carril_feira
Carril diante dun dos edificios da feira.
Carril: “darémoslle un novo pulo aos edificios da feira e a toda a súa contorna, impulsando e mellorando o Centro de Interpretación do Mel, ampliándoo tamén ao queixo”

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa arrincou a campaña electoral das vindeiras Municipais do 26 de maio explicando a proposta do BNG en relación cos actuais edificios da feira, “Estes edificios están actualmente infrautilizados, ademais de que a súa contorna está sendo empregados polo Concello como escombreira” explicou Carril. “Co BNG no Concello “darémoslle un novo pulo a estas edificacións, mellorándoos para buscarlle novos usos de maneira que poidan ter un maior aproveitamento, tanto por parte do tecido asociativo arzuán, como do propio Concello e das veciñas e veciños de Arzúa en xeral” explicou Carril.

En relación co Centro de Interpretación do Mel, que actualmente alberga tamén nas súas edificacións á Cooperativa Erica Mel, Carril explicou que “será unha das nosas prioridades traballar man a man tanto coa asociación como coa Cooperativa que actualente xestionan este espazo para axudar desde o Concello a darlle o impulso necesario ao actual Centro de Interpretación do mel, ampliándoo tamén ao queixo, dous produtos estrelas do noso Concello” explicou o candidato nacionalista. “É importante que Arzúa conte cun Centro destas características que sexa referente na nosa comarca, modernizándoo e ampliándoo” explicou Carril.

En relación con isto, Carril afeoulle ao goberno municipal actual “o desleixo e desatención desta zona, calquera que se achegue por alí verá como está a ser empregado de escombreira e nin sequera se está a segar periódicamente a herba, o que traslada, aínda máis, unha lamentable imaxe de toda esta zona” explicou Carril. “Con BNG no Concello remataremos con estes anos de mínimo esforzo por parte do goberno municipal. Nós apostamos forte por Arzúa e ímolo desmostrar despois do 26 de maio” concluíu o candidato do BNG á Alcaldía.

Carril: “darémoslle un novo pulo aos edificios da feira e a toda a súa contorna, impulsando e mellorando o Centro de Interpretación do Mel, ampliándoo tamén ao queixo”