“ARZÚA NON MERECE UN GOBERNO COBARDE NIN A OPOSICIÓN PASOTA COMA A QUE TIVEMOS NESTES ÚLTIMOS ANOS” SINALOU CARRIL.

Carril ofrécelle á veciñanza arzuá “un proxecto ilusionante e ganas de traballar arreo por volver a colocar a Arzúa na referencialidade que nunca debeu perder”

Fotopresentaciongrupo

O BNG presentou esta fin de semana en Arzúa o primeiro tramo da candidatura ás vindeiras Municipais.

Carril ofrécelle á veciñanza arzuá “un proxecto ilusionante e ganas de traballar arreo por volver a colocar a Arzúa na referencialidade que nunca debeu perder”

Arroupados por máis dun cento de veciñas e veciños, o BNG de Arzúa presentou o que será o primeiro tramo da candidatura ás vindeiras eleccións municipais, previstas para o 26 de maio.

Neste acto ademais de Xoán Xesús Carril, candidato do BNG á Alcaldía, interviron tamén Lucía López, que ocupará o número 2 da candidatura, Manuel García, no número 3, Iria Carreira e Xesús Portos, nos números 4 e 5 respectivamente. Así mesmo, a organización local estivo arroupada pola participación no acto de Bieito Lobeira, Secretario Nacional de Organización do BNG, así como pola presenza de Xosé Luís Rivas “Mini”, deputado do BNG no Parlamento galego.

O BNG puxo en valor o traballo realizado “durante estes catro anos malia non contarmos con representación na corporación municipal” sinalaron. Carril destacou o traballo feito en relación coa “defensa do mantemento de servizos públicos que o goberno municipal actual suprimiu, como foi o caso do servizo de madrugadores, ou actividades que contribuían á dinamización cultural do noso concello, como a aula de teatro” explicou.

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa comprometeuse coas veciñas e veciños a “manter a reclamación ata conseguir a recuperación do complexo deportivo de Portodemouros e de toda a contorna do encoro, así como a rehabilitación da antiga Casa de Correos para darlle un uso público para o desfrute de todas e todos os arzuáns” expresou Carril. “Arzúa non merece un goberno cobarde como o que tivemos nos últimos anos, tampouco unha oposición pasota que só lle supuxo ao noso concello unha pérdida de tempo e de diñeiro. Pola contra, no BNG ofrecemos un proxecto ilusionante e ganas de traballar arreo por volver a colocar a Arzúa na referencialidade que nunca debeu perder” salientou Carril.

Xoán Xesús Carril tivo tamén palabras de eloxio para Manuel García, o que foi candidato do BNG no 2015, de quen destacou “a súa valentía, compromiso e perseverancia nun momento difícil para o BNG como o vivido hai catro anos” e, engadiu, “o traballo e a coherencia dan os seus froitos, e hoxe podemos dicir con orgullo que o BNG é unha forza política cohesionada e coherente, cun proxecto político claro para gobernar Arzúa” expresou.

Carril destacou “o equilibrio entre a experiencia e a xuventude nesta candidatura, conformada por xente moi preparada que e aposta por Arzúa, persoas que están implicadas no día a día do noso concello e por iso sabemos ben o que a nosa veciñanza precisa” explicou. “A diferenza doutros, nós non presentamos paracaidistas, a xente do BNG vive o día a día de Arzúa e das súas parroquias, por iso sabemos do que falamos. Nos últimos 8 anos Arzúa non tivo un proxecto claro e foi á deriva; por iso o BNG é a única alternativa de goberno seria para Arzúa, porque temos un proxecto ilusionante, transformador e cun modelo de concello que aposta polo futuro de Arzúa e por recuperar o tempo perdido nestes últimos anos” concluíu o candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa.

Desde o BNG avanzaron que xa “temos practicamente perfilada a candidatura completa, que faremos pública nos vindeiros meses” e engadiron, que “seguiremos traballando incansábelmente para dar a coñecer as nosas propostas a toda a veciñanza arzuá para que o 26 de maio aposten polo BNG para darlle un novo rumbo ao Concello”.

Carril ofrécelle á veciñanza arzuá “un proxecto ilusionante e ganas de traballar arreo por volver a colocar a Arzúa na referencialidade que nunca debeu perder”