O BNG CUESTIONA A CELEBRACIÓN DUN PLENO EXTRAORDINARIO A 4 DÍAS DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS CON ANUNCIOS DE OBRAS QUE XA TIÑAN QUE TER SIDO REALIZADAS HAI ANOS
Carril: “Pensan que van enganar ás veciñas e veciños anunciando que van facer agora en 4 días o que non fixeron en 4 anos”
O candidato do BNG á Alcaldía, Xoán Xesús Carril, valorou a celebración do Pleno extraordinario celebrado na mañá de hoxe como “unha proba máis de que Arzúa precisa un cambio urxente” sinalou Carril. “A catro días das Eleccións Municipais o Alcalde acórdase de convocar un Pleno para aprobar temas que tiñan que estar resoltos hai xa anos, como é o cambio da manta de céspede artificial do Campo de fútbol municipal ou o arranxo da rúa Fraga do Rei” explicou Carril. “Pensan que van enganar ás veciñas e veciños anunciando que van facer agora en 4 días o que non fixeron en 4 anos” expresou o candidato do BNG.
“O arranxo do Campo de fútbol municipal é algo que xa podía estar resolto cos máis de 4 millóns de euros que Arzúa recibiu da Deputación da Coruña ao longo deste mandato” explicou Carril. “É unha mágoa que non se vaia poder ter o Campo de fúltbol arranxado xa este ano, pois ata o 2020 non se vai poder comezar coa obra, pola deixadez dun goberno que podería telo incluído en Plans anteriores” dixo Carril. “En catro anos non se acordaron de arranxar isto, e lévano a Pleno agora cando o prazo para a inclusión de obras neste Plan da Deputación aínda expira en setembro” explicou o candidato nacionalista.
En relación co arranxo da rúa Fraga do Rei, o candidato nacionalista cuestionou “que se estea a orzamentar unha obra da que nin os veciños e veciñas foron informados nin consultados de como se quere levar a cabo, tal e como se viu hoxe no Pleno, nin tan sequera o grupo de goberno sabe o que vai facer alí” sentenciou Carril.
“Arzúa non pode botar catro anos máis cun goberno que só funciona en clave electoralista e cun Alcalde que desde hai 8 anos ten o concello estancado e paralizado, cun goberno que non sabe cara onde vai, porque non ten proxecto nin equipo para gobernar Arzúa” salientou Carril.
“A incompetencia na xestión deste grupo de gob