Un compromiso do BNG: que a recuperación do Complexo deportivo de Portodemouros e a rehabilitación da antiga Casa de Correos sexan unha realidade

Portodemouros2 (1)
Carril en Portodemouros, acompañado polo deputado nacionalista Luís Bará e Lucía López e Manuel García, integrantes da candidatura do BNG ás vindeiras municipais.
Un compromiso do BNG: que a recuperación do Complexo deportivo de Portodemouros e a rehabilitación da antiga Casa de Correos sexan unha realidade

Desde o BNG de Arzúa desenvolvemos nos últimos anos un inxente traballo a prol da recuperación de espazos como o Complexo deportivo de Portodemouros ou a antiga Casa de Correos. Desde o BNG de Arzúa consideramos que estes dous espazos postos en funcionamento repercutirían de maneira moi beneficiosa en Arzúa, tanto desde o punto de vista económico como turístico.

O Complexo deportivo de Portodemouros e a contorna do encoro

 No BNG levamos até o Parlamento galego a proposta de que a Xunta de Galiza, como institución que conta cun maior orzamento, lidere este proxecto de recuperación do Complexo deportivo de Portodemouros e da contorna do encoro xunto co Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña. Tamén exiximos que se depuren responsabilidades, pois o que aconteceu en Portodemouros foi unha escandalosa dilapidación de diñeiro público na que participou a Xunta de Galiza.

A antiga Casa de Correos

Este edificio emblemático atópase moi deteriorado e cada inverno que pasa a cousa vai a máis. Non obstante, isto non parece preocuparlle nin ao goberno municipal de Arzúa, nin á Xunta de Galiza, actual propietaria do inmóbel.

Desde o BNG, a través do noso deputado parlamentar, Mini Rivas, vimos de rexistar unha iniciativa para que este asunto chegue ao Parlamento galego e a Xunta de Galiza dea explicacións deste desleixo. Exiximos que se deixen de promesas baleiras e que se acometan dunha vez os traballos de rehabilitación deste edificio emblemático no noso pobo antes de que sexa demasiado tarde. Salvemos o patrimonio arzuán!

Un compromiso do BNG: que a recuperación do Complexo deportivo de Portodemouros e a rehabilitación da antiga Casa de Correos sexan unha realidade