PROPOSTAS DO BNG ARZÚA EN MATERIA ECONÓMICA E FISCAL FRONTE Á CRISE DO COVID19

PROPOSTAS EN MATERIA ECONÓMICA E FISCAL FRONTE Á CRISE DO COVID19
PROPOSTAS DO BNG ARZÚA EN MATERIA ECONÓMICA E FISCAL FRONTE Á CRISE DO COVID19

1. Desde o comezo desta crise do COVID19, no BNG Arzúa amosamos en todo momento a nosa man tendida á colaboración co Concello de Arzúa e demais institucións. Pensamos que non é tempo para a mediocridade política, senón tempo de remar xuntas e xuntos para superar, canto antes e da mellor maneira posíbel, esta situación. Isto é o que o noso pobo espera de todas as forzas políticas.

2. O pasado venres, 17 de abril, incorporámonos á Comisión de seguimiento da crise do COVID19 posta en marcha no Concello de Arzúa o 18 de marzo. Aínda considerando que esta incorporación puido producirse desde o comezo, sumámonos a ela con responsabilidade, seriedade e co único afán de achegar propostas construtivas que se traduzan, dentro da difícil situación que estamos a vivir, no benestar da nosa veciñanza.

3. Consideramos que, máis alá das medidas en materia sanitaria, cómpre que tamén o noso Concello se anticipe ás graves consecuencias económicas que esta crise do COVID19 está xa a a supor para moita da nosa veciñanza, e que se prevén maiores a medida que avancen os meses. É por isto que, nun concello como o noso, vinculado fortemente ao Camiño de Santiago e ao sector hostaleiro, desde o BNG propoñemos ao goberno municipal que se adopten sen máis demora as seguintes medidas:

            - Exención do pagamento de taxas municipais (lixo comercial, terrazas etc.) correspondentes ao ano 2020 aos negocios, comercios e establecementos hosteleiros que, a causa da crise do COVID19, permanencen pechados ou viron mermada a súa actividade, facendo fronte a unha total incertidume.

            - Posta en marcha de liñas de axuda para o pagamento de alugueiros a establecementos comerciais e hostaleiros pechados así como a familias en situación de vulnerabilidade.

            - Ampliación da partida orzamentaria destinada a Emerxencia social ante a posibilidade de incremento de persoas/familias en situación de vulnerabilidade socioeconómica.

            - Impulso dun servizo de plataforma dixital para axudar aos negocios do Concello, facilitanto as vendas en liña e poñendo en valor o comercio de proximidade.

            - Posta en marcha dun plan de reactivación do comercio e hostalería locais, que contemple actuacións encamiñadas á súa posta en valor e dinamización. Implementación de medidas desde a Administración Local que contribúan á difusión e concienciación entre a veciñanza da importancia de consumir no comercio e hostalería locais.

            - Exención do pagamento da taxa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) a aquelas familias/persoas que acrediten atoparse en situación de vulnerabilidade socioeconómica.

            - Exención do imposto de actividades económicas a todos aqueles establecementos que, por causa desta crise, viron interrompida a súa actividade.

            - Demandar a eliminación urxente da regra de gasto, a obrigatoriedade de realizar plan económico financeiro, os obxectivos de déficit e os límites de endebedamento dos Concellos, xa que restrinxen a capacidade de investimento, de reforzamento dos servizos municipais e de contratación de persoal por parte das institucións locais, limitando enormemente a capacidade de resposta á crise.

 

PROPOSTAS DO BNG ARZÚA EN MATERIA ECONÓMICA E FISCAL FRONTE Á CRISE DO COVID19