XOÁN XESÚS CARRIL RAMOS E LUCÍA LÓPEZ SOBRADO TOMARON POSESIÓN ESTA MAÑÁ COMO CONCELLEIROS DO QUE SERÁ O GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE ARZÚA

O BNG anuncia que fará unha oposición “construtiva, seria e responsable colocando sempre as necesidades de Arzúa no primeiro plano”

Xoán Xesús Carril e Lucía López despois da toma de posesión.
O BNG anuncia que fará unha oposición “construtiva, seria e responsable colocando sempre as necesidades de Arzúa no primeiro plano”

O concelleiro e a concelleira electos polo BNG, Xoán Xesús Carril Ramos e Lucía López Sobrado, tomaron posesión do cargo no Pleno de constitución da nova corporación arzuá, celebrado na mañá de hoxe.

“A veciñanza soubo recoñecer a necesidade de que o BNG voltase á corporación de Arzúa xa que ausencia do nacionalismo galego no pasado mandato notouse” explicaron desde o BNG.

“É un orgullo poder representar ás nosa veciñas e veciños na corporación. Todas as persoas que confiaron en nós que teñan por seguro que non as imos defraudar” sinalou Carril.

Desde o BNG anuncian que “toca preguntar moitas cousas que nos últimos anos suscitaron moitas dúbidas, como a xestión do SAF ou arroxar luz sobre esa suposta modificación puntual do PXOM, entre outras moitas cuestións” dixo Carril.

O concelleiro e a concelleira nacionalistas concluíron salientando que “o estancamento ao que levaron Arzúa tanto o grupo de goberno como a oposición no pasado mandato non pode volver a repetirse. Por iso desde o BNG imos facer unha oposición construtiva, seria e responsable, colocando sempre as necesidades de Arzúa no primeiro plano”.

O BNG anuncia que fará unha oposición “construtiva, seria e responsable colocando sempre as necesidades de Arzúa no primeiro plano”