CARRIL LOUVA O TRABALLO DO TÉCNICO DE CULTURA DO CONCELLO “QUE EN TODO MOMENTO INTENTARON RESOLVER A SITUACIÓN, MAIS ESTABA SÓS, NIN O ALCALDE NIN A SÚA EQUIPA DE GOBERNO SE DIGNARON A DAR A CARA” SINALOU

O BNG denuncia a falta de previsión do Concello ao non reubicar correctamente as actividades do martes de Entroido

_mg89555
_mg89555

Desde o BNG argumentan que “o temporal estaba anunciado e o Concello non foi capaz de reubicar correctamente as actividades, deixando ás nenas e nenos e ás súas familias á intemperie” explican.

 

 

 

O BNG denuncia a falta de previsión do Concello ao non reubicar correctamente as actividades do martes de Entroido

O BNG de Arzúa expresou o seu descontento ante a situación producida na tarde de onte, martes de Entroido, en relación coas actividades programadas polo Concello.

Desde a organización nacionalista criticamos a “falta de previsión, o desleixo e a improvisación por parte do Concello pois sabíase que viña un temporal moi forte e non tomaron medidas para que as actividades poidesen desenvolverse correctamente” expresou Carril.

O candidato nacionalista á Alcaldía de Arzúa explicou que “as nenas e nenos, e as súas familias, estiveron á intemperie e as actividades programadas non se puideron desenvolver con normalidade porque o Concello non foi quen de buscar unha ubicación alternativa correcta” dixo, e engadiu, “desprazar as actividades á carpa dos concertos da Festa do Queixo, un pavillón ou incluso a parte superior do Multiusos terían sido unha solucion fácil que o Concello non foi quen de adoptar. Calquera delas tería sido mellor que ter ás persoas, na maior parte menores, á intemperie e quedando sen desfrutar das actividades do Entroido” explicou Carril.

Carril louvou o traballo do técnico de cultura do Concello “que en todo momento estivo no transcurso da actividade intentando buscar unha solución dentro das súas posibilidades. Non podemos dicir o mesmo do Alcalde nin das súas concelleiras e concelleiros, pois nin se dignaron a dar a cara ante as familias arzuás” explican desde o BNG.

“O deseleixo e a improvisación que caracteriza ao actual goberno é intolerable. Cada vez fica máis claro que Arzúa necesita un cambio que ten que vir da man do BNG” concluíu Carril.

O BNG denuncia a falta de previsión do Concello ao non reubicar correctamente as actividades do martes de Entroido