No día de hoxe, desde o BNG de Arzúa vimos de rexistrar no Concello unha moción propoñendo a elaboración e sinatura dun convenio para a creación dun refuxio mancomunado no Concello de Arzúa

No día de hoxe, desde o BNG de Arzúa vimos de rexistrar no Concello unha moción propoñendo a elaboración e sinatura dun convenio para a creación dun refuxio mancomunado no Concello de Arzúa e a implantación do código de sacrificio cero no mesmo. Consideramos que é importante atallar a problemática que supón o abandono de animais no Camiño de Santiago, e por iso propomos unha solución viable e reponsable.

Agradecémoslle moito a APACA a labor que está a desenvolver e que poidésemos trasladarlles directamente a nosa proposta, nunha reunión mantida onte, que foi acollida de moi bo grao. Por esta entidade soubemos tamén que xa eles lle tiñan presentado a José Luís García un plan de viabilidade para crear unha infraestrutura semellante, que, tal e como nos dixeron, foi rexeitada polo Alcalde. Escandalízanos que esta información que nos chegou pola Asociación non fose explicada polo propio Alcalde cando se falou deste tema no último Pleno, unha mostra máis do escurantismo co que traballan desde o Concello, cun Alcalde que, por medo a posicionarse e meterse en 'disputas' oculta información á veciñanza, actuando dun xeito cobarde, e sen dar solución ningunha aos problemas que ten Arzúa.

A continuación, poderás acceder ao texto íntegro da moción presentada. 

No día de hoxe, desde o BNG de Arzúa vimos de rexistrar no Concello unha moción propoñendo a elaboración e sinatura dun convenio para a creación dun refuxio mancomunado no Concello de Arzúa

mocion

No día de hoxe, desde o BNG de Arzúa vimos de rexistrar no Concello unha moción propoñendo a elaboración e sinatura dun convenio para a creación dun refuxio mancomunado no Concello de Arzúa