DESDE A ORGANIZACIÓN NACIONALISTA AMÓSANSE CONTRARIOS A QUE O ALCALDE “SE ACORDE AGORA DE APLICAR UNHA ORDENANZA QUE EL MESMO APROBOU NO 2014 E CUXO DAMNIFICADO É O TECIDO ASOCIATIVO ARZUÁN” EXPLICOU CARRIL

O BNG propón modificar as ordenanzas de regulación de taxas e de usos dos espazos públicos municipais para que as Asociacións de Arzúa non teñan que pagar 

Lucía López e Xoán Xesús Carril, concelleir@s do Grupo Municipal do BNG en Arzúa
Desde o BNG propoñen tamén a creación dunha "Mesa de Asociacións" para garantir a participación e transparencia
O BNG propón modificar as ordenanzas de regulación de taxas e de usos dos espazos públicos municipais para que as Asociacións de Arzúa non teñan que pagar 

O BNG en Arzúa rexistrará no Concello unha proposta encamiñada a modificar a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por utilización de edificos, locais e instalacións municipais e a Ordenanza Reguladora da utilización de edificios, locais e instalacións municipais. “Trátase dunha proposta que vén motivada pola preocupación que nos trasladaron desde diversas Asociacións do noso Concello ante o anuncio por parte da alcaldía de que queren comezar a cobrarlles polo uso dos espazos municipais” explicou Carril.

 “A ordenanza fiscal vixente foi aprobada por este mesmo alcalde no ano 2014, sen que fose aplicada nunca. Moitas asociacións mesmo descoñecían a súa existencia” sinalou Carril. Desde o BNG defenden que o uso que as Asociacións do Concello lle dan ao locais municipais “non poden ser consideradas como unha utilización privativa senón que se lles debería recoñecer o interese e utilidade pública das actividades que promoven” explican.

“Desde o BNG consideramos que se deben modificar estan Ordenanzas para introducir a gratuidade do uso ás Asociacións rexistradas no Rexistro de Asociacións do Concello de Arzúa, ao igual que o fan outras moitas normas deste tipo en diferentes Concellos” dixo o Portavoz nacionalista que, engadiu, “as Asociacións fan un traballo cultural e social moi necesario no noso Concello, axudando a dinamizar e enriquecer o día a día de Arzúa. Non é de recibo que teñan que saír damnificadas por esta ordenanza” sinalou Carril.

Participación e transparencia: creación da Mesa de Asociacións 

Vinculado a isto, o Portavoz Municipal do BNG anunciou tamén que “nesta iniciativa do BNG propoñemos tamén crear unha “Mesa de Asociacións”, un foro no que poida ter representación todo o tecido asociativo arzuán e no que poder debater e consensuar temas de interese xeral para o noso Concello” explicou Carril. Desde o BNG defenden que “esta é unha proposta que garantiría unha verdadeira participación das nosa veciñanza nos asuntos que nos afectan a todas e todos, e contribuiría tamén a unha verdadeira transparencia nos asuntos públicos” explicou Carril.

Desde o BNG agardan que esta proposta sexa elevada ao Pleno na vindeira sesión, que se prevé para finais do mes de outubro, e que conte co respaldo de toda a corporción xa que “é unha proposta necesaria, xusta e que defende os intereses da nosa veciñanza” concluíu Carril.

O BNG propón modificar as ordenanzas de regulación de taxas e de usos dos espazos públicos municipais para que as Asociacións de Arzúa non teñan que pagar