DESTAPAN UN INFORME DA INSPECCIÓN DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA DE GALIZA NO QUE SE APREZAN SERIAS IRREGULARIDADES NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

O BNG volve reclamar que o goberno de AxA – PSOE saque a licitación pública o SAF

tribuna-ilustracion_1-U304309091300z--624x385@Diario Sur-DiarioSur

Os nacionalistas rexeitan que o goberno municipal estea a retirar diñeiro de partidas de asistencia social para investimentos no campo de fútbol municipal, no canto de buscar otras partidas

Pincha aquí para acceder ao informe de inspección dos Servizos Sociais no Concello de Arzúa 

**Por respecto á privacidade das persoas usuarias, ocúltanse as súas identidades

O BNG volve reclamar que o goberno de AxA – PSOE saque a licitación pública o SAF

O Portavoz Municipal do BNG, Xoán Xesús Carril, lembrou esta mañá que o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) “segue nunha situación de interinidade, pois o goberno municipal non sacou a licitación pública o novo contrato” explicou. “A contratación de emerxencia realizada polo Concello foi informada desfavorablemente tanto por parte da intervención como da secretaría,  e actualmente todas as facturas referentes ao SAF seguen saíndo con reparos” sinalou Carril. “Reclamamos que o goberno municipal saque a licitación pública o SAF, de acordo coa legalidade vixente e de maneira que se poida dar garantías e estabilidade ao servizo e ás súas usuarias e usuarios” explicou Carril.

 

Ademais, o portavoz nacionalista referiuse a un informe da inspección da Consellería de Política Social da Xunta de Galiza, de data do 10 de abril do 2019, no cal se apercibe ao Concello de Arzúa por mútiples e graves irregularidades en todo o que ten a ver con servizos sociais. Neste sentido, Carril sinalou que “este informe é unha emenda á totalidade ao goberno de José Luís García en materia de servizos sociais, as irregularidades que nel se aprezan son gravísimas pois estamos falando de usuarias e usuarios dun servizo fundamental para moitas familias” explicou.

 

Entre estas irregularidades o informe destaca que o Concello de Arzúa só estivo prestando o servizo a 33 persoas, estando un total de 67 persoas na lista de agarda, algunhas delas desde o ano 2014. Malia que o Concello dispón dun total de 2650 horas para a atención ás e aos usuarios do SAF, o goberno de José Luís García optou por non cubrilas, deixando a moitas veciñas e veciños sen servizo e só dando de alta no SAF a 3 persoas  durante os anos 2018 e 2019.

 

Tamén sinala o informe que o Concello de Arzúa tivo a unha usuaria recibindo menos horas das que lle correspondían malia poder prestalas, e, antes de cubrir as horas que correspondían a esta usuaria incorporou ao servizo a un novo usuario saltándose a orde de prelación establecida e xerando un trato discriminatorio entre usarias e usuarios do servizo.

 

Detecta tamén irregularidades nos informes de seguimento das persoas usuarias do SAF e chama a atención sobre o feito de que non existise unha persoa que execese como responsábel técnica do mesmo nin tampoco contan cunha persoa que asuma a coordinación do servizo, cuestións todas elas esixidas pola normativa vixente.

 

Sinala que os contratos das traballadoras sociais do Concello de Arzúa están desfasados e o seu grao de estabilidade é escaso.

En canto á garantía dos dereitos das persoas usuarias do SAF este informe chama a atención sobre o feito de que non estean expostas nin a ordenanza reguladora nin a fiscal así como a existencia dun total de 5 reclamacións que foron formuladas por usuari@s do servizo, que non foron enviadas á inspección tal e como marca a normativa.

 

En canto ao funcionamento dos programas de educación familiar e da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) o informe indica que non se realizou seguimento dos expedientes que figuran nestes programas e tamén constata que a documentación recollida nos mesmos está incompleta.

 

Desde o BNG sinlanan que “malia esta grave situación que padecen os servizos sociais no noso Concello, o goberno de AxA – PSOE optou no pasado Pleno Extraordinario, celebrado o venres 18 de outubro do 2019, por retirar diñeiro destinado a asistencia social para investilo na colocación dunha cabina para os medios de comunicación no Campo de Fútbol Municipal” explicou Carril.

“Desde o BNG pedímoslle ao Alcalde que detraera o diñeiro para facer esta obra doutas partidas que non fosen as destinadas á asistencia social. A resposta do goberno municipal foi seguir adiante, consumando o grave deterioro dos servizos sociais que vimos arrastrando no noso Concello” concluíu Carril.

O BNG volve reclamar que o goberno de AxA – PSOE saque a licitación pública o SAF