Novas
O BNG alerta do recorte de servizos en Arzúa co anuncio do peche da oficina do Sabadell
14/set./2021
As e os nacionalistas instan ao goberno municipal a, de consumarse este peche, pór todos os servizos do concello ao dispor da veciñanza afectada e denuncian a complicidade do goberno de Feixóo co desmantelamento dos concellos rurais
O BNG reclama que se amplíen os horarios da piscina cuberta e do ximnasio municipal tal e como demanda a veciñanza
30/xuño/2021
As e os nacionalistas levarán esta iniciativa ao Pleno de mañá xoves, 1 de xullo, en relación con esta cuestión
BNG urxe o Goberno do Estado a actuar na N-547 entre Arzúa e Melide
26/xuño/2021
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra iniciativas na cámara baixa para reclamar a actuación inmediata do Goberno do Estado na N-547 entre Arzúa e Melide en que se contabilizan até catro puntos negros. A formación nacionalista reclama a corrección do trazado e a adecuada sinalización da estrada, así como a intervención do Ministerio na travesía que atravesa o centro urbano de Arzúa ante a alta densidade do tráfico que pon en risco aos viandantes.
O BNG reclama que se atendan as necesidades da veciñanza da Praza de San Xoán e zona do cemiterio cara Carballos Altos
25/maio/2021
Alertados pola veciñanza, desde o BNG denuncian a acumulación de lixo durante semanas nas beirarrúas, contedores e papeleiras da zona, así como outros materiais que non se retiran desde fai meses
O BNG avoga por que se revisen as obras realizadas na ruta da Fervenza das Hortas no tramo entre a Fonte Santa e Maroxo
28/abr./2021
As choivas da pasada fin de semana deixaron intransitábel algunha parte da ruta “coas choivas continuadas do inverno a situación vai ser moito pior” explicaron
Carril: “O alcalde e o seu goberno son coma un polo sen cabeza, o descontrol no que teñen sumido o Concello afecta negativamente a todas as veciñas e veciños”
23/abr./2021
Denuncian que o alcalde suspedese as comisións dun día para outro “onde se ían tratar temas de grande importancia para a veciñanza como a contratación do SAF, a ordenanza de usos do taxi e os Orzamentos para o ano 2021”