O BNG reclama ao alcalde que abra o aparcadoiro situado debaixo do Multiusos “Terra do Queixo”
Carril sinala que “unha vez que todo está voltando, afortunadamente, á normalidade despois da pandemia, non ten sentido seguir con este espazo pechado”
Carril sinala que “unha vez que todo está voltando, afortunadamente, á normalidade despois da pandemia, non ten sentido seguir con este espazo pechado”
Ampliación do polígono industrial, construción do Centro de Día ou a ampliación do saneamento nas parroquias entre as propostas das e dos nacionalistas
Solicitan tamén que se repoñan as fontes de auga potábel que foron eliminadas tanto no parque infantil situado fronte ao Campo da Feira como na praza contigua
Instan ao alcalde de Arzúa a “pórse as pilas e comprometerse para que tomen a Arzúa en serio co que supón o achado deste xacemento para o noso concello, tanto do punto de vista cultural e patrimonial, como pola potencialidade turística” sinalou Carril
Carril: “pedímoslle ao alcalde deixe de actuar coma unha avestruz, agochando a cabeza e sen dar ningunha explicación nin solución e botando máis leña ao lume ao conflito que se está a xerar entre a veciñanza desta rúa”
O Portavoz Municipal do BNG, Xoán Xesús Carril, referiuse hoxe á situación da piscina municipal exterior, instando ao alcalde e ao goberno municipal á revisión das infraestruturas para que esta instalación poida “abrir en tempo e forma” no verán.
Carril instou así ao alcalde a “facer os deberes agora que estamos a tempo para evitar os retrasos na apertura da piscina que se teñen producido en anos anteriores, habida conta que esta é unha instalación moi usada pola nosa veciñanza” explicou.
Ademais, desde o BNG consideran que “a piscina municipal precisa unha urxente remodelación, mellorando e modernizando as instalacións, algo no que o alcalde debería implicarse, buscando financiamento para este necesario arranxo” concluíu.