arzua
Novas
_mg89524

O BNG denuncia ante a Valedora do Pobo a obstrución por parte do Alcalde no acceso á información vinculada ás licenzas urbanísticas e de apertura de establecementos no Concello de Arzúa

Carril: “Hai persoas afectadas pola parálise das licenzas que non teñen notificación nin de denegación nin de aceptación das súas solicitudes desde hai máis dun ano, o que xera unha inseguridade xurídica brutal e un desamparo absoluto da nosa veciñanza que desde o BNG non estamos dispostos a consentir”

Ler novas
Novas
tribuna-ilustracion_1-U304309091300z--624x385@Diario Sur-DiarioSur

O BNG volve reclamar que o goberno de AxA – PSOE saque a licitación pública o SAF

Os nacionalistas rexeitan que o goberno municipal estea a retirar diñeiro de partidas de asistencia social para investimentos no campo de fútbol municipal, no canto de buscar otras partidas

Pincha aquí para acceder ao informe de inspección dos Servizos Sociais no Concello de Arzúa 

**Por respecto á privacidade das persoas usuarias, ocúltanse as súas identidades

Ler novas
Novas
Mini_Carril1

Mini Rivas: “O diñeiro no ensino público non é un gasto, senón unha inversión, por iso denunciaremos a situación que hoxe atravesa o IES de Arzúa no Parlamento, como mostra do perigo que corre o noso ensino público coas políticas do PP”

O Deputado do BNG, Mini Rivas, e o Portavoz Municipal do BNG, Xoán Xesús Carril, visitaron o IES de Arzúa, onde onte se tiveron que suspender as clases por unha inundación

O Portavoz Municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, e o Deputado do BNG no Parlamento galego, Xose Luís Rivas “Mini”, achegáronse na mañá de hoxe até o IES de Arzúa para comprobar de primeira man a situación na que se atopa este centro ante as inundacións sufridas onte, e que obrigaron a ter que suspender as clases.

Mini Rivas asegurou que “levaremos este tema ao Parlamento galego porque o acontecido no IES de Arzúa é unha chapuza sen precedentes” explicou. O Deputado nacionalista referiuse tamén “ás obras que comezaron no verán, con moito retraso e unha falta de previsión asombrosa, e agora atopámonos nesta situación” dixo Rivas.

Desde o BNG consideran que “as condicións nas que se atopa centros públicos como o IES de Arzúa dista moito da imaxe idílica que o Partido Popular pretende vender” salientou Mini que, engadiu, “estas circunstancias tamén son produto dos recortes e ataques ao ensino público que o PP de Feixóo perpetra desde a Xunta de Galiza” destacou o Deputado nacionalista.

Pola súa banda, o Portavoz Municipal do BNG, Xoán Xesús Carril, sinalou que “desde o BNG unímonos a indignación expresada polo persoal do IES, con máis 100 alumnas e alumnos que onte quedaron sen clase” dixo.

“Demandamos unha solución urxente fronte a esta situación, e a implicación do Concello para isto, é necesario un goberno municipal que non agache a orella fronte á Xunta de Galiza, e que sexa contundente ante situacións vegoñentas coma esta” sentenciou Carril.

“O diñeiro no ensino público non é un gasto, senón unha inversión, por iso denunciaremos no Parlamento a situación que hoxe atravesa o IES de Arzúa, como mostra do perigo que corre o noso ensino público coas políticas do PP” concluíu Mini Rivas.

Ler novas